COPA FEDERACIÓN DE TAEKWONDO NO CONCELLO DO CARBALLIÑO
COPA FEDERACIÓN DE TAEKWONDO
O próximo sábado 14 de xuño celebrarase a Copa Federación de Taekwondo en categorías de infantil e adulto.
O evento terá lugar no Pavillon Municipal do Concello do Carballiño, Paco Chao, a partir das 9:30 h.
Organiza este evento a Federación Galega de Taekwondo e está patrocinado pola Área de Deportes do Concello do Carballiño, Pescanova e Caixanova.
Colaboran tamén a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e o Ximnasio Studio da vila do Carballiño.
