Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
Inicio Das Obras De Embelecemento E Rehabilitación Do Tramo Urbano Da Nacional 541, Que Serán Executadas Polo Ministerio De Fomento

O Concello do Carballiño ven de recibir o proxecto definitivo do que seran as obras de embelecemento e rehabilitación do tramo urbano da nacional 541, que engloba as avenidas 25 de xullo e fracisco castelló.
Tratase de crear unha gran avenida nunha zona que é unha das principais entradas da vila do carballiño do tráfico rodado. Este proxecto contempla unha actuación dende a fronteira co termo municipal de maside ata a zona coñecida como o cruce da casa azul, o entronque das rúas martínez avelanosa, avenida do balneario e a propia nacional 541. Nestas duas zonas se plantexa a creación de duas grandes rotondas que regularicen o tráfico rodado. Nunha primeira fase, que dará comenzo no mes de marzo, centarase no arranxo dos espazos mais deteriorados de todo este tramo urbano da estrada nacional. Neste senso destacar que existen na zona varias obras de edicación pendentes, co cal estas zonas serían obxetivo secundario xa que tal e como apuntaba o alcalde carlos montes “non sería lóxico realizas obras de embelecemento nestas zonas que poden ser deterioradas polos traballos de edificación”. Por elo as primeira actuacions centraranse nas zonas xa urbanizadas.
Os primeiros traballos estarán centrados na ampliación das beirarrúas, colocación de nova iluminación pública e nalgunos tramos a reposición do abstecemento alí onde sexa preciso. A inversión nesta primeira fase será de aproximadamente 300.000 euros.
Carlos montes sialaba que se trata dun proxecto moi ambicioso e necesario para recuperar unha das zonas principais da vila en cando é a principal entrada por estrada a o carballiño. Así mesmo embrou que o resultado final será unha gran avenida cómoda para os peons e tamén para os conductores. Tamén sinalou qe antes do inicio desta obra se mantendrá unha reuniòn cos veciños afectados pola mesma, para que coñezan dun xeito directo a execución da mesma.
Por outra banda hoxe comenzaron as obras de fresado e asfaltado das rúas conde vallellano, avenida xulio rodríguez soto e avenida do parque. Esta obras están sendo acometidas pola consellería de obras públicas da xunta de galicia. Os primeiros traballos estanse a desenrolar na avenida do parqe, e proseguirán pola de xulio rodríguez soto e conde vallellano. Por mor deste traballos dende o concello do carballiño estase a pedir a colaboura veciñal para que non se aparquen vehíuclos nestas rúas, e deste xeito que poidan desenrolarse os trabalos dun xeito rápido, o que ocasionará menores problemas os veciños.
Tralo fresado e asfaltado destas rúas, no qur se estima se invertirán unos 5 días, procederase o pintado de todo o tramo, e a colocación de novas medidas de seguridade vial tales como pasos de peóns elevados nas zonas de xulio rodríguez soto e avenida do parque.
O inicio desta obras motvará os cortes parciais dos tramos para a circulaciòn de vehículos. Cortes que intentaran que sexan mínimos para non entorpecer o tráfico no centro da vila.
Dentro da smedidas de seguridade vial está previsto tamén a colocación dun paso de peons elevado na zona do colexio do campo da feira
