Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
As Obras Da Antiga Estrada De Ourense Comenzaran A Vindeira Semana, Cun Orzamento De Mais De 400.000 Euros. Estas Obras Comprenden As Rúas Conde Vallellano, Julio Rodríguez Soto E Avenida Do Parque, Así Como A Apeadero Do Ies Manuel Chamoso Lamas

Os responsables do concello do carballiño anunciaron que o vindeiro luns, 22 de xaneiro, darán comenzo as obras da antiga estrada de ourense no seu tramo urbano, sempre que as condicions meteorolóxicas non o impidan. Estas obras foron xa adxudicadas a empresa sercoysa cun orzamento de 404.283 euros que serán aportados integramente pola consellería de política territorial. A finais da pasada semana os técnicos da empresa sercoysa estivern na vila do carballiño para ultmar os detalles da obra e iniciar o replanteo da mesma.
Estas obras consistirán no fresado desas rúas e posterior asfaltado das mesmas, así como o pintado da sinliazación vial pertinente e a creación dun apeadeiro de autobuses na zona do instituto chamoso lamas da vila carballiñesas. Lembremos que dende hai mais de dez anos o concello do carballiño estaba a solicitar da xunta de galicia unha actuación nestas rúas, que nun principio formamban parte do entramado de estradas autonómicas, e que nas últimas décadas formaban parte xa do mapa urbano do carballiño. Finalmente , e co cambio do goberno autonómico, este proxecto está sendo levado a cabo. Os traballos darán comenzo nas rúas do centro como sn conde vallellano e xulio rodríguez soto. Así mesmo dende o concello estase pedindo a empresa de comunicacions “r” que finalicen os traballos de cableado na avenida de xulio rodríguez soto o antes posible para non interferir na boa marcha da obra de asfaltado desa mesma zona.
Para o alcalde do carballiño o inicio deste proxecto vai a supoñer un cambio cualitativo no que se refire a fisionomía da vila xa que o tratarse de rúas principais e céntricas non se podía permitir por máis tempo o seu estado de avandono. Cabe sinalar que esta antiga estrada de ourense é unha das máis importantes entradas o pobo e polo tanto , como xa se esta a facer noutras, debe ofrecer a mellor imaxen do mesmo. Tamén é de considerar as melloras que para os veciños e usuarios desta rúa vai a suponer o seu arranxo.
Por outra banda nesta xornada de luns diron comenzo as obras na rúa faustino santalices, onde se procederá o ampliado das beirarrúas, mellora do firme de rodadura e colocación de mobiliario urbano. Neste mesmo senso xa comenzaron hai uns días os traballos da rúa marcelino parrondo e en próximas datas darán comenzo as proxectadas para a avenida de compostela que consistirá na construcción de beirarrúas dende a uceira ata os catro camiños, así como o alumeado de todo ese tramo. Con anterioridade xa se executou o saneamento , recollida de pluviais e asfaltado no mesmo treito cun orzamento de 840.000 euros, asumidos tamén pola propia consellería de política territorial. Outra obra de pronto inicio será a de alberto vilanova.

que que