Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
A RUTA DOS ARRIEIROS ESTARÁ FINALIZADA EN MENOS DUN ANO
O alcalde do Carballiño, Calos Montes, aseguraba no día de onte que a “ruta dos arrieiros estará finalizada o completo nun prazo máximo dun ano”. Cabe lembrar que as obras neste proxecto comenzaron en pasadas semanas e que suporá unha inversión de mais dun millón de euros procedentes do ministerio de Medio Ambiente. A ruta dos arriiros cruza boa parte do rural carballiñés, dende a localidade de Leiro ata o propio Carballiño, barallandose a posibilidade de ampliala ata a zona do mosteiro de Oseira.
Esta inversión millonaria vai a permitir recuperar un anitigo camiño do século XIII, polo que discurría o comercio da zona do Ribeiro o resto de Galicia, sendo unha das mais frecuentadas ata o século XVII. Esta ruta transurre por zonas agora esquecidas e que terán un gran empuxe unha vez rematado todo o proxecto. Zonas como a cova das Adegas, a Sona; ou outras zonas mais vistadas na actualidade como poden ser as parroquias de Banga ou Cabanelas con importantes enclaves culturais.
Neste intre as obras de recuperación deste camiño atopanse na zona do Penedo, na parroquia de Partovia. En total serán 17 kilómetros de percorrido orixinal que permitirán desfrutar das riquezas naturais, forestais e culturais do interior carballiñés. Se a esto unimos a posibilidade de ampliar o camiño, proxecto no que se está a trabalar na actualidade, ata o antigo camiño Real de Oseira, se ofrecerá unha das maiores rutas de toda Galicia, e posiblemente a que conte co maior atractivo cultural e natural desta comunidade.
