- » O Concello presentou o estudio previo para o centro de interpretación dos ríos en Galicia

O Concello presentou o estudio previo para o centro de interpretación dos ríos en Galicia

Posteado por concelloen Abril 13th, 2007
centro interpretación dos rios


O Concello presenou xa o proxecto para a elaboración do centro de interpretación dos ríos en Galicia que plantexase con carácter xeral , sen referir a ningín río en concreto. Este estudio municipal terán qe ser levado a concurso para a redacción do proxecto definitivo, agardandose que poda comenzar a súa execución a finais deste exercicio de 2007.

O centro de interpretación ou museo do río estará ubicado nunha zona próxima a antiga fábrica de papel da Labandeira, que tamén será recuperada a traveso dun proxecto de Gallego Jorreto. as ideas do proxecto do centro de interpretación xurden , e queren axustarse, a conversa mantida ca dirección xeral de conservación da natureza da consellería de Medio Ambiente. Parten da consideración de presentar o río por cinco tramos sintéticos, correspondendo cada un deles a un ecosistema específico do río.

Así se conteplaría un primeiro tramo alto do río onde se mostraría a alta montaña, vexetación dee pradería, río de pedras e augas limpas, lugar de desove das troitas e a posible representación dun niño de troitas. O segundo tramo será o medio alto, ca vexetación de árbores, leiro do río de gravilla,e espacio das troitas. o terceiro tramo sería o medio baixo, co leito do río de limo, a vexetación acuática, aparecendo xa a boga e o escalo así como outras especies. Os dous últimos tramos serían o baixo e o de desembocadura.

No edificio central deste centro de interpretación represnetaranse cada un destes cinco tramos de xeito independente, recreando en cada un deles o ambiente característico a traveso do son e a luz. Cada un deles estará contdo en grandes acuarios. O percorrido do centro será lienal a traveso dos diferentes tramos. Tamén contará o centro cun spacio para tendam e sala adicada ao mundo da pesca fluvial en Galicia.

Outra das ideas do estudio realizado polo concello é a de crear un espacio propio para os desastres , os impactos ao medio fluvial, sinaando as zonas críticas tales como verquidos, talas ou recheos.

Tamén se inclue neste proxecto facer unha sala a modo de pequeno centro de interpretación referido únicaente o río Areteiro. Un espacio pequeno con unha maqueta e un plano do río onde se sinalen as construccions de interes existentes e as actuacións que nel fixeronse ao longo destes anos.

o orzamento total deste proxecto do centro de interpretación dos ríos de Galicia no carballiño rondará os 1,6 millóns de euros, e estará financiado pola consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario