Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
- Outras Noticias
- O presidente da Confederación Hidrográfica, xunto co conselleiro de Medio Ambiente e o alcalde carballiñés, presentaron o proxecto da mellora do río Arenteiro que contará cun investimento de 3,6 millóns de euros
- O CONCELLO DO CARBALLIÑO ADUXIDICOU XA A NOVA MOTOBOMBA URBANA QUE AMENTARÁ A DOTACIÓN DE VEHÍCULOS DO SERVICIO DE PROTECCIÓN CIVIL
A conselleria de Medio Ambiente leva invertidos máis de 10.530.000 euros no Carballiño
A consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia está a realizar grendes investimentos no concello e municicpio do Carbaliño por un importe total de 10.803.347 euros. Estes investimentos se dividen en obras hidráulicas , de conservación da natureza , e de calidade e avaliación ambiental.
Así no primeiro capítulo destacan as obras en execución da mellora e ampliación da Edar e colectores do Carbaliño por un importe de 1.500.000 euros,; a renovación de infraestructuras hidráulicas na rúa Marcelino Parrondo por un importe de 350.000 euros, ou a ora xa adxudicada do colector saneamento do Carballiño, no treito de O Barón-A Uceira, por un importe de 165.327 euros.
Pero non s epode esquecer neste apartado unha importante obra, xa licitada c omo o saneamento do río Carrás, que contará cunha inversión de 6.400.000 euros, ou a mellora do saneamento en núcleos do Carballiño por un importe de 774.565 euros. Tamén está pendente de licitación a reposición de infraestructuras hidráulicas na rúa Ben-Cho-sei, por un importe de 159.656 euros.
Noutro apartado, o das obras de conservación, destacan os 500.000 euros destiñados o centro de interpretación dos ecosistemas fluviais de Galicia, que estará ubicado na piscifactoría do Caballiño, e a canceira a que se adicou unha cantidade de 200.000 euros. Estas dúas obras están xa en execución.
Por último están pendentes de axudicación a colocación de dous novos contenedores soterráneos, e a recuperación dos espazos degradados en lugares como Sagra, A Pane ou as Cavadas. Tamén neste apartado debese incluir o proxecto de recuperacion ambiental do entorno do río Arenteiro, que será realizado a traveso da secretaria xeral por un importe de 300.000 euros.
