- » O presidente da Confederación Hidrográfica, xunto co conselleiro de Medio Ambiente e o alcalde carballiñés, presentaron o proxecto da mellora do río Arenteiro que contará cun investimento de 3,6 millóns de euros

O presidente da Confederación Hidrográfica, xunto co conselleiro de Medio Ambiente e o alcalde carballiñés, presentaron o proxecto da mellora do río Arenteiro que contará cun investimento de 3,6 millóns de euros

Posteado por concelloen Mayo 3rd, 2007

img.jpg

O presidente da Confederación Hidrográfoca do Norte, Jorga Marquínez, presentou este mércores ante o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, e o conselleiro de Medio Ambiente, manuel Vázquez, o proxecto de acondicionamento do río Arentero o seu paso polo concello carballiñés. O proxecto foi redactado polos técnicos da Confederación e se enmarca no programa A.G.U.A do ministerio de Medio Ambiente. Nesta presentación lembrouse que este proxecto fora xa presentado en pasados anos, pero nunca chegou a licitarse, e que agora co novo goberno se puso novamente sobre a mesa e xa está en fase de publicación no Boletín Oficial do Estado, polo que nunos días abrirase xa o proceso de adxudicación e neste mesmo ano comenzarán as obras.

a actuación proxectada suporá unha invesrión de 3,6 millóns de euros na mellora ambiental dun tramo de 2,7 kilómetros de cauce, comprendido entre a ponte de Veiga e a piscifactoría, nunha zona predominantemente rural onde se conservan partes de todolos bosques de ribeira autóctono. De feito o prxecti foi deseñado respetando todolos elementos propios dos ecosistemas autóctonos presetes e establece inlcuso un tramo de 500 metros entre a ponte do baneario e a pasarela do azud para un refuxio de fauna, onde so realizaranse accións de rexeneración da cuberta vexetal.
Tanto Carlos Montes como manuel Vázquez destacaron a importancia deste proxecto no senso de que “estase a buscar que o Carballiño recupere o seu río e que todolos seus veciños e visitantes poidan desfrutar deste cauce urbano xa que ata agora, e por intereses alleos o concello, non se poido dar a cara o Arenteiro”.

A nivel xeral o proxecto plantexa as seguintes accións individuais. a limpeza e acondicionamento do terreo. Se executará sobre o total da actuación (55.980 metros cadrados) eliminando obstáculos, residuos e especies invasivas. Unha senda peonil. O trazado da senda será en todo momento compatible ca conservación do bosque autóctono. se crearán duas sendas peoniles que suman 3.120 metros de lonxitude que descurriran paralelas o cauce pola marxen dereita e esquerda. Na metade do percorrido se construirá unha pasarela sobre o río Arenteiroque conectará de xeito peatonal as dúas márxenes.

Así mesmo se procederá recuperación das márxenes e franxa arbórea. supón este un dos obxetivos fundamentais do proxecto de xeito que se recuperará o sistema tradicional de bosque de ribeira, elimnando as especies invasivas.

Por último está contemplado tamén un refuxio de flora e fauna, un espacio de 500 metros no que non se construirá senda peonil e que servirá como zona de refuxio para fauna e flora propias destes ecosistemas.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario