Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
POLITICA TERRITORIAL INVESTIRÁ 27,3 MILLONS DE EUROS NO RAMAL AO CARBALLIÑO DA AUTOESTRADA AG-53

A conselleira de Política Territorial, María José Caride, presentou no Carballiño o que será o ramal que unirá esta vila ourensana ca autoestrada libre de peaxe AG-53, e na que se invertirán preto de 27,3 millóns de euros, inlcuindo o enlace ca localidade de Maside. Para o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, este anuncio realizado pola conselleira na propia casa consistorial, unido o xa feito polo presidente da Xunta sobre a gartuidade da peaxe da autoestrada “supón un gran avance para esta vila en eidos como o industrial e o demográfico. Con estas novas infraestructuras O Caballiño seguirá sendo un nodo de comunicacions dos máis importantes de Ourense, abrindose agora unha nova etapa ainda máis positiva”.
Pola súa banda a conselleira destacou tamén a importancia pata o futuro da vila deste enlace, e sinalou a O Carbaliño como “un dos tractores da economía galega o ser unha desas vilas que crece e ten futuro, e por elo dende a Xunta queremos apoiar o máximo todas as súas necesidades”. Neste senso lembrou outros proxectos que a súa carteira autonómica ten no Carballiño como a femodelación da avenida de Compostela, onde se invertirán 850.000 euros; as obras realizadas en xulio Rodríguez Soto, Conde Vallellano e Avenida do Parque, cun investimento de 400.000 euros ; ou a adxudicación xa da redacción do proxecto do entorno da praza da Veracruz, para o que se destiñaran 1,4 millóns de euros en dúas anualidades.
No que se refire o enlace da autoestrada co Carballiño a conselleira lembrou que o Consello da Xunta declarou a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola citada obra. Con este trámite administratívo iníciase o proceso de expropiación das 414 fincas afectadas pola obra que permitirá que o tráfico xenerado nos núcleos do Carballiño e Maside poida circular por unha vía de ata capacidade, de 5,2 kilómetros, en condicións de máis seguridade e comodidade.
