- » GALLEGO JORRETO PRESENTOU HOXE O PROXECTO VIRTUAL DA REHABILITACIÓN DA FÁBRICA DE PAPEL

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
Una aula informática ofrece acceso gratuito a internet a los turistas que visitan Carballiño
O CARBALLIÑO PRESENTÓ SU SEMANA DA CULTURA LATINA

GALLEGO JORRETO PRESENTOU HOXE O PROXECTO VIRTUAL DA REHABILITACIÓN DA FÁBRICA DE PAPEL

Posteado por concelloen Mayo 21st, 2007

jorreto.jpg

O arquitecto Manuel Gallego Jorreto estivo hoxe no carballiño presentando o proxecto virtual da rehabilitación da fábrica de papel, que contará cun orzamento de aproximadamente 2.000.000 de euros, financiados polo ministerio de Cultra a traveso de Patrimonio Hidraúlico. O alcalde do Carballiño, Carlos montes, destacou a importancia deste proxecto que pon en valor toda unha zona principal pata o futuro cultural e turístico da vila do Arenteiro. Unha zona que precisamente desenrlase o longo deste acuífero carballiñés con zonas como os muiños, o comaping municipal, ou o futuro hotel balneario que será construido preto desa fábrica do papel. Adiantaba carlos Montes que a intención é de que en dous anos este proxecto da fábrica da Labandeira teña xa forma.

Pola súa banda Manuel Gallego Jorreto destacaba a importancia que ten esta rehabilitación, en cuio proxecto sempre se contou co respeto o medio natural no que está enclavado, é que será todo un referente a nivel autonomico e nacional, poloa súa orxinalidade. Tamén destacou que existen duas partes diferenciadas no proxecto. Por un lado a rehabilitación dos edificios da fábrica e do seu proceso de producción; e por outro lado o novo edificio que albergará toda a zona museística como a biblioteca, lugares de conferencias etc.

Sobre a parte museística Gallego Jorreto destacou a importante laboura que están a desenrolar dende o centro de estudios Chamos Lamas, que serán os encargados de dar o contido a esta parte da rehabilitación “precisamente un museo ten sentido polo seu contido, e este da fábrica de papel comenza xa cun gran aporte científico e de investigación o que fai del un lugar imprescindible para o coñecemento e a cultura”. Ademáis esta rehabilitación contempla a recuperación de todo o proceso de creación do papel a traveso das telas, co almacenamento, ,pudrideiro, secado e posterior proceso de creación da materia principal.
A fábrica de papel da Labandeira foi construida no século XIX, e foi un referente moi importante da dinamización económica e industrial da zona, así como un fito industrial único o ser o primeiro en usar as telas para a fabricación do papel.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario