Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
- Outras Noticias
- Un posible fallo informático fue el desencadenante del accidente que se produjo el pasado día 7 en las obras del tren de Alta Velocidad en O Carballiño, donde perdió la vida un trabajador, según avanzó hoy el conselleiro de Traballo, Ricardo Varela.
- Un nuevo servicio permitirá a los caballiñeses dejar a sus hijos hasta el comienzo del colegio
Unha comedia musical do grupo Bacana remata o programa de representacións dentro do festival
LR- Unha media de 170 espectadores diarios en cada representación do auditorio e máis de 300 personas nas actuacións da rúa é considerado un éxito de participación por parte dos organizadores do Festival do Teatro Galego do Carballiño. Unha gala de entrega de premios ó mellor actor, actriz e espectáculo clausura a mostra. A organización, a cargo da compañía Nove Dous e a empresa ourensana Arteficción, valorou moi positivamente o resultado desta nova edición, na que se conseguiu un incremento de espectadores respecto ó ano pasado, según señalou Jouse García. Desta maneira, os organizadores apuntaron unha media diaria de 170 persoas no que respecta ás representacións teatrais que houbo cada noite no centro multifuncional e, asemade, calificaron de un importante éxito o desenrolo de espectáculos na Praza Irmans Prieto, que reuniron a máis de 300 espectadores por día. O éxito deste ano debeuse, según Jouse García, a que ‘cada vez estamos publicitando mellor o festival e a xente dase conta da calidade das obras que se están ofrecendo’. A organización tamén ten claro que o teatro na rúa supuxo un importante atractivo, unha boa experiencia, que está previsto repetir en sucesivas edi cións do festival. En canto a segunda gala ‘Fetega 2007’, está prevista para hoxe as 22,30 horas no auditorio da vila. Ademáis da entrega dos premios, que consistirán nunhas tallas realizadas polo carballiñés Chicho Carballido, haberá actuacións a cargo do grupo ourensano ‘El Pararrayos’, o mago Romondi, a bailarina de danza árabe Natalie Bax e o actor e contacontos Avelino González. Os organizadores esperan a presenza de representantes da Xunta de Galicia e do Concello do Carballiño, que xunto cos membros do xurado serán os encargados da entrega dos premios ós actores e a compañía elexida polo público mediante as votación que leva facendo dende o comenzo das representa cións, o pasado luns. A gala estará presentada por Roberto Pascual, crítico teatral e profesor de Lingua e Literatura na Universidade Complutense de Madrid. O xurado está integrado por xornalistas e xentes achegadas o mundo do teatro.
