- » MANIFESTO DE REPULSA CONTA A VIOLENCIA DE XÉNERO POR MOR DA AGRESIÓN ACONTECIDA NA PASADA SEMANA NA VILA DO CARBALLIÑO

MANIFESTO DE REPULSA CONTA A VIOLENCIA DE XÉNERO POR MOR DA AGRESIÓN ACONTECIDA NA PASADA SEMANA NA VILA DO CARBALLIÑO

Posteado por concelloen Septiembre 24th, 2007

manifiesto.jpg

“Tódalas persoas teñen dereito á vida e a integridade física e moral sen que en ningún caso poidan ser sometidas a tortura nin a penas ou tratos degradantes” (Art.15 da Constitución Española).

Pero desgraciadamente este artigo non se cumple e a violencia contra as mulleres segue presente na nosa sociedade e máis concretamente no noso entorno máis inmediato. Debemos lembrar que hoxe en día, a muller segue a ser víctima desta sociedade “patriarcal” en tódolos sectores e a tódolos niveis: familiar, laboral, social, económico, político…

Desafortunadamente hoxe temos que unha vez máis denunciar unha situación de violencia machista acontecida no noso concello, unha situación que tiña lugar na pasada semana cando un mozo de 21 anos agredía físicamente a unha moza de 30 anos, ambos veciños do Carballiño.

Os concellos son as institucións que están máis preto da cidadanía, por iste motivo dende a concellería de Servizos Socias e concretamente dende o Centro de Información ás Mulleres queremos denunciar públicamente a nosa repulsa e a repulsa de toda a sociedade ante este tipo de acontecementos.

Tamén recordamos que o concello do Carballiño conta cun Centro de Información ás Mulleres, sendo este un recurso de vital importancia para os concellos, xa que a través deste servizo preténdese chegar de forma máis universal e directa a este núcleo poboacional, ás mulleres, que como tal presenta unhas características e unhas inquedanzas específicas. Trátase dun servizo que aglutina tódolos temas que afectan á


poboación feminina, para de forma integral poder ofertar programas e recursos que den unha resposta efectiva ás súas necesidades, e ó mesmo tempo poder abrir novas portas a través das cales as mulleres poidan acadar unha maior autonomía e presenza na nosa sociedade.

Dende o concello do Carballiño queremos que todas as mulleres tanto as que sofren ou padeceron a violencia nas súas carnes como aquelas que afortunadamente nunca coñeceron o que significan estas verbas, saiban que na actualidade as mulleres dispoñen de recursos e servizos que apoian e favorecen a súa integración social en tódolos aspectos e a tódolos niveis.

O Centro de Información ás Mulleres está ubicado na rúa Faustino Santalices, nº10, baixo, contando cun horario de 8 a 14:30 e os luns dende as 17:00 ata as19:00. Neste servizo ofertase de xeito totalmente gratuito asesoramento xurídico, psicolóxico e social.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario