- » O Carballiño contará cun novo obradoiro de emprego

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
O CONCELLO DO CARBALLIÑO PON EN MARCHA UN NOVO PROGRAMA DE EMPREGO
O CONCELLO PON EN MARCHA A NOVA BRIGADA DE AXENTES URBANOS

O Carballiño contará cun novo obradoiro de emprego

Posteado por concelloen Septiembre 27th, 2007

obradoiro.jpg

A consellería de Traballo ven de resolver a concesión da subvención para a creación do obradoiro de emprego Arenteiro III, que contará cuna inversión de 1.177.000 euros, e abarcará un total de 60 alumnos. A gran experiencia ca que conta o concello carbaliñés neste tipo de actuaciones formadoras no eido laboral foi o que motivou a aprobación por parte da conselleria duna nova experiencia neste senso.

o obradoiro de emprego Arenteiro III contará con 7 módulos, os de albanelería, cantería, carpinteria, forxa, forestal, xardinería e axuda a domicilio. Este último módulo foi solicitado pensando na ley de dependencia, que exixe os seus trabaladores contar coa titulación propia deste tipo de actividades.

Ademáis dos 60 alumnos se contará tamen co cadro directivo e docente. A selección dos alumnos se realizará a traveso da propia consellería, tendo en conta que os solicitantes deberán estar inscritos no INEM en algunas das disciplinas antes mencioadas. Terán maior puntuación todos aqueles que non participaran en anteriores actividades formativas deste tipo, as mulleres. Se terá tamen en conta os fillos o seu cargo así como a renda familiar.

Os proxectos nos que traballarán estes alumnos se centrarán no Parque Municipal, nas fontes do ei.do rural, no mantenemento do mobiliario urbano, creación de parques infantis, e posiblemente tamen se acutará nas pisciñas municipais.

O alcalde Carlos Montes adiantaba que nun prazo dunos 15 días podería estar en marcha este novo obradoiro de emprego Arenteiro III



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario