- » EXPOSICIÓN BORDES DO MAR 1720 KM DE LITORAL INAUGURASE O MÉRCORES 10 DE OUTUBRO.

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
Técnicos de la Xunta eligen un terreno en A Uceira para el centro de día y el ambulatorio
El Concello carballiñés recaba apoyos en Vivenda para alegar contra el trazado del AVE

EXPOSICIÓN BORDES DO MAR 1720 KM DE LITORAL INAUGURASE O MÉRCORES 10 DE OUTUBRO.

Posteado por concelloen Octubre 3rd, 2007

exposicionbordesmar.jpg

Na sala de exposicións do auditorio municipal do Carballiño o mércores 10 de outubro ás 20:00 h tera lugar, a inauguración da mostra Bordes do Mar. 1720 km de litoral; un percorrido fotográfico que os artistas Juan Rodríguez e José Caruncho fixeron polas extensas costas galegas para amosar os cambios e as oportunidades do territorio galaico.

Humanización da costa

Na exposición reflíctense situacións contraditorias, que non fan senón definir tanto as afortunadas como as máis inoportunas intervencións urbanísticas en Galicia. Trátase dunha reflexión sobre os procesos de humanización da costa; que a definen a nivel paisaxístico e socioeconómico, e que, ademais, se asentan como un primeiro acercamento á necesaria investigación dos incipientes focos de desenvolvemento.

Por outra banda, segundo afirmou o xefe comarcal de Caixanova: «O fin último desta mostra é que os asistentes fagan unha reflexión, na que tomen conciencia desta realidade emerxente e así, co seu apoio, consigamos dar o salto preciso ata un progreso correcto; que xuntos poidamos valorar e atopar respostas que axuden na planificación estratéxica do territorio galego».

E, como aliciente para crear esa expectativa, Rodríguez e Caruncho expoñen imaxes que impactan máis polo que significan que pola súa beleza. Aparecen costas que na súa orixe eran iguais e que agora se tornan substancialmente inversas: a formulación adecuada e tradicional de Combarro, fronte aos excesos de Guixar, en Vigo; a tranquilidade e desenrolo sostible de Beluso versus o agravio incontrolado de Toralla.

Esta exposición forma parte do debate social que transmite á sociedade a importancia do urbanismo.

Precisamente, son moitos os que cren que as futuras urbes galegas deberían formarse a partires do citado modelo urbanístico. Entre eles, figuran os promotores desta exposición, e, para iso, ofrecen á poboación, ata que finalice o mes, un motivo en forma de mostra para comezar, dende xa, o cambio.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario