- » PAIS DOS RAPAZES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS PEDIRON O CONCELLO QUE SOLICITE A DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE A CUMPLIR O PROXECTO DE REMODELACIÓN E INSTALACIÓN DO CAMPO DE CESPED ARTIFICIAL DA UCEIRA.

PAIS DOS RAPAZES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS PEDIRON O CONCELLO QUE SOLICITE A DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE A CUMPLIR O PROXECTO DE REMODELACIÓN E INSTALACIÓN DO CAMPO DE CESPED ARTIFICIAL DA UCEIRA.

Posteado por concelloen Octubre 18th, 2007

uceiradacal.jpg

En Novembro do ano 2006 o Concello do Carballiño presentou na Dirección Xeral para o Deporte o proxecto para a remodelación e instalación do campo de cesped artificial na Uceira. No mes de maio do 2007 firmouse o protocolo cun posterior envío do convenio no mes de Xulio deste ano,a falta dunha firma da Dirección Xeral de Deportes esta a retrasar a o comezo da obra que ten un prazo de execución de 3 meses.

Manolo Dacal concelleiro de deportes do Carballiño mantivo esta reunión a petición dos país dos rapaces inscritos nas escolas deportivas do Concello. Os país piden o concello a que presente a súas firmas e reclamacións na Consellería de Cultura e Deportes, para acelerar a realización do proxecto que foi aprobado en pleno en outubro do ano pasado.No pleno de outubro do ano pasado un concelleiro do BNG indicou que o Carballiño dispón dunha partida orzamentaria da Consellería do cen por cen para a realización desta obra.

Segundo comentaron estes pais a Dacal a situación e inmantible “teremos que irnos xogar a outros campos”, “o campo está impracticable e ata e perigoso para os nosos rapaces” “cando chove quedan enterrados nos charcos que se forman” “o fume de terra que se levanta pode ser moi prexudicial para os nenos pequenos que xogan neste campo”.Estes pais están a recoller tódalas firmar para presentar na Dirección Xeral para O Deporte e solicitar que realicen xa a obra .

uceiradacal1.jpg

Nestes momentos as escolas deportivas entre iniciación,pre benjamines e benjamines superan os 100 rapaces xunto con alevines 42 rapaces ,infantís 28 rapaces , cadetes 18 rapaces e xuveniles 21 rapaces ,dous equipos de veteranos 50 persoas rondan os 300 usuarios das instalacións deportivas.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario