- » A EDIL DE RELACIONS VECIÑAIS MANTIVO UNA REUNIÓN COS COLECTIVOS VECIÑAIS E SOCIAIS DA VILA CO FIN DE COÑECER AS SÚAS INQUEDANZAS E ACHEGARLLES OS NOVOS PROGRAMAS MUNICIPAIS

A EDIL DE RELACIONS VECIÑAIS MANTIVO UNA REUNIÓN COS COLECTIVOS VECIÑAIS E SOCIAIS DA VILA CO FIN DE COÑECER AS SÚAS INQUEDANZAS E ACHEGARLLES OS NOVOS PROGRAMAS MUNICIPAIS

Posteado por concelloen Octubre 23rd, 2007

medioambientee.jpg

A edil María Xosé Pérez mantivo no día de onte una reunión cos colectivos sociais e vicñais da vila do carballiño, seguindo deste xeito as reuniósn veciñais das últimas semanas. Nesta xuntanza se informou os presentes sobre todo dos novos programas municipais de recollida de lixo, tales como a posta en marcha do Punto Limpo da Medela, que funciona xa os luns, xoves e sábados en horario de 14:00 a 18:30 horas.

Así mesmo a edil carballiñesa lembrou os presentes das normas municipais vixentes na actualidade con respeito o depósito e recollida de lixo nos distintos contenedores, así como a selección deste lixo para o seu reciclaxe. Neste senso dende a área que dirixe maría Xosé Pérez se realizará una nova campaña de información e sensibilización veciñal.

Na actualidade os veciños do Carballiño deben depositar o seu lixo a partirés das 19:00 horas ata as 8:00, todolos días agas os domingos que non existe o servicio de recollida. Deste horario están a informar os novos membros das brigadas verdes municipais, que percorren as rúas da vila e facilitan os usuarios a nova colocación de contenedores, asi como do citado horario de depósito.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario