Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O GRUPO DE GOBERNO CARBALLIÑÉS LAMENTA O AVANDONO DOS EDIS DO PP E BNG NA SESIÓN PLENARIA DESTE XOVES

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, xunto resto do grupo de goberno, lamentou o avandono por parte dos grupos da oposición municipal da sesión plenaria celebrada este pasado xoves, sobre todo pola importancia das cuestións que debieron debatirse no mesmo. Cuestiones como a ratificiación do convenio da praza da Veracruz, o estudio de viabilidade da futura circunvalación ou a operación de tesoreria por un importe superior os 900.000 euros.
Foi precisamente o rexeito por parte da oposición da operación de tesoreria o que máis destacou o alcalde xa que entende que “esta operación ten que servir como xa explicamos no pleno, para pagar entre outras cousas as nóminas dos alumnos do obradoiro de emprego. Imaxino que serán eles, o edis do PP e BNG, os que explicarán o motivo do posible retraso no pago destas nóminas”. Tamen lamentou a postura do BNG cando “en conversas mantidas con anterioridade e incluso como o propio Amil declarou nos medios de comunicación, esta operación de tesorería debería sair adiante, xa que il sabe como a nos que son necesarias para o bo funcioamento dun concello”. O BNG neste punto propuso una transacional por so 500.000 euros para afrontar o adianto que o concello debe facer o programa EQUAL. Montes sinalaba que “si nos avisaran desta transacional podríamos levar por separado un asunto e outro, pero así abrese un novo proceso que pode retrasarnos de tal xeito que non poidamos afrontar estes pagos, e polo tanto que o programa europeo se paralice non so no Carballiño, se non nos catro concellos implicados”.
A sesión plenaria deste pasado xoves estivo marcada pola expulsión dun edil do PP tras se chamado a atención tres veces consecutivas. Xunto co edil marcharon tamen o resto dos seus compañeiros de grupo municipal, e posteriormente os edis do BNG. Sobre este asunto Montes sinalaba que “en tres ocasions chamei a atención o edil popular e non fixo caso alguno. Non entende como pode dicir que estivemos facendo descalificacions persoais. Non creo que sexan descalificacions persoais denunciar o enchufismo que existe en institucions como a Deputación de Ourense, o e que acaso. os cargos electos somos inmunes a enchufar a parentela? “.
Por último o alcalde sinalaba que “creo que O Carballiño debe felicitarse por motivos como que o consello da Xunta ven de aprobar una inversión de 400.000 euros para a nova nave da Uceira, ou a aprobación da moción da futura praza da Veracruz”.
