- » Unha mostra promove o comercio xusto

Unha mostra promove o comercio xusto

Posteado por concelloen Noviembre 5th, 2007
COMERCIO_XUSTO_1.JPG

LR- Unha exposición de 10 paneis e un cómic difunden a campaña ’Comercio con Sentido’ no Carballiño, organizada por Solidariedade Internacional de Galicia. A mostra está aberta no Auditorio e inclúe aspectos didácticos encol de productos tradicionais coma son o café, o azucre ou o cacao.

O Auditorio municipal do Carballiño acolle dende onte a exposición ’Comercio con Sentido’, promovida por Solidariedade Internacional co patrocinio da Xunta de Galicia.

A mostra está dividida en 10 paneis e un cómic diseñados polo debuxante Xan Arellano, e nos que se recolle a historia dos productos que se consumen tradicionalmente en Europa, como son o café, o azucre, o té e o cacao, e cal é o sistema de distribución en todo o Mundo.

’Con esta campaña, o noso obxectivo é favorecer o desenvolvemento socieconómico dos países productores, que son os máis pobres do Planeta, a través do fomento dun comercio xusto coas condicións laborais dos seus habitantes’, sinala María Paz, coordenadora da mostra.

logo.jpg


Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario