Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
OS SERVICIOS SOCIAIS DO CARBALLIÑO CONVOCAN VARIAS ACTIVIDADES PARA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

A área de Servicios Sociais do Concello do Carballiño, que dirixe a edil Asunción Rivero, ven de convocar varias actividades para conmemorar o día cntra a violencia de xénero que terá lugar o vindeiro 25 de novembro.
A primeira actividade está convocada para o día 21 de novembro, cunha obra de teatro a cargo da compañía Pífano teatro, e que porá en escea a obra “Rotas”, interpretada por actrices moi coñecidas da televisión autonómica . Esta representación terá entrada libre e o termo da mesma se realizará unha mesa redonda na que participarán a edil de Servicios Sociais de Maside, María Xosé Vázquez, xunto ca fiscal do Carballiño Purificación Álvarez, así como Carmen Eiró, Isabel Carral e Patricia Nogueira do Centro de Información a Muller do Carballiño. Trala mesa redonda se ofrecerán unos pinchos a todolos presentes neste acto.
Posteriormente, o día 25 de novembro, terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero , as 13:00 horas no salón de plenos do concello Carballiñés. Ademáis na derradeira semana de novembro se realizarán varias xornadas de concienciación nos distintos centros educativos da vila carballiñesa, e un concurso de calendarios destiñado a nenos entre 7 e 12 anos.
