Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O CARBALLIÑO RECIBE INVERSIÓNS POR UN IMPORTE SUPERIOR OS 20.000.000 EUROS
O goberno central e o goberno autonómico están a invertir en varios proxectos que están en vía de execución e adxudicación. Un deses proxectos é o arranxo da antiga estrada do Ribeiro, dende o cruce ca rúa Calvo Sotelo ata a localidade de porti de Eguas, en total uns 5 kilómetros de actuacións nos que se executará o asfataltado en quente de todo o tramo, o cambio do abastecemento, sinalización horizontal e vertical e medidas de regulación do tráfico. Un proxecto que supón unha inversión de 550.000 euros que chegan dende Obras Públicas.
Non é esta a única actación que estase a levar a cabo na vila carballiñesa nese mesmo eido xa que están executadas xa as oras da antiga estrada de Ourense, e adxudicada a de adecentamento da avenida de Compostela por un importe de 850.000 euros. Así mesmo están en vías de execución os proxectos da carretera de Ourense e a de O Irixo.
Tamen? pasada semana foron adxudicadas as obras da avenida XXV de Xullo e Francisco Castelló , por un importe de 2.500.000 euros procedentes do ministerio de Fomento. Outros organismos autonómicos como o ministerior de Medio Ambiente tamen están invirtindo no Carballiño en proxectos como o adecentamento das ribeiras do río Arenteiro, por un importe de 3.500.000 de euros, ou a recuperación do Camiño dos Arrieiros por un importe de 1.200.000 euros.
As inversions estatais chegan tamen dende o ministerio da seguridade Social, ca posta en marcha dunha oficiña de información para o 2008, e a inversión do ministerio de Cultura na recuperación da fábrica de Papel e o Mosterio de Lobás. En total o estado invertirá no Carballiño unha suma cercana os 7.500.000 de euros.
Pola súa banda o goberno autonómico manten abertas varias inversions no carballiño, as xa citadas obras en distintas estradas e rúas da vila, ou no proxecto da Veracruz, estas por parte da consellería de Política Territorial. Por su parte a conselería de Medio Ambiente está a invertir no carballiño uns 7.500.000 euros en obras como a ampliación da depuradora do Areteiro, o saneamento do Carrás ou o saneamento integral do rural.
Por outro lado están as inversions da conselería de Vivenda no Parqe Empresarial, por un importe de 1.700.000 euros, ou a da conselería de Presidencia ca construcción da nova nave municipal na Uceira, sen esquecer os 800.000 euros que Cultura aportará para a creación dos novos campos de futbol da Uceira.
O alcalde do Carballiño, carlos Montes, aseguraba que todo este montante de inversións na vila do Carballiño é algo que “nuca tivemos nesta vila e que amosa o interese dos gobernos centrais e autonómicos neste municipio”.
