- » O CARBALLIÑO RECIBE O CONVENIO PARA A CREACIÓN DO CAMPO ARTIFICIAL DA UCERA

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
O ALCALDE ULTIMA AS CONVERSAS CA OPOSICIÓN ANTES DE LEVAR A PLENO OS ORZAMENTOS DE 2008
O CARBALLIÑO RECIBE INVERSIÓNS POR UN IMPORTE SUPERIOR OS 20.000.000 EUROS

O CARBALLIÑO RECIBE O CONVENIO PARA A CREACIÓN DO CAMPO ARTIFICIAL DA UCERA

Posteado por concelloen Enero 20th, 2008

O Concello do Carballiño recibiu dende a Dirección Xeral para o Deporte o convenio para iniciar o proxecto de construcción dun campo artificial nas instalacións deportivas da Uceira. Así o comunicaron o alcalde da vila, Carlos Montes, xunto co edil de deportes Manolo Dacal. A inversión prevista para este proxecto será de uns 600.000 euros, e o seu prazo de execución de 4 meses una vez den inicio as obras. Estas poderían comenzar a finais da presente campaña deportiva, para non ter que interferir no desenrolo das escolas municipais que na actualidade usan o campo da Uceira.

Ademais da colocación do campo artificial, que servirá tanto para futbol 11 como para futbol 7, tamén se mellorarán as actuais instalacións como gradas e vestiarios, e a iluminación exterior. Na actualidade son máis de 200 os rapaces que usan casi a diario estas instalcions deportivas, pertenecentes as categorías de benxamín, prebenxamín, infantis, cadetes e xuneviles.

Así mesmo dende a área de Deportes se están a executar varias obras de arranxo no campo municipal de Espiñedo, como na cuberta do mesmo e na zona da sala de trofeos.

A seguinte urxencia municipal en materia deportiva centrase no arranxo e modernización das pisciñas carballiñesas que contan cunas instalacións que datan da década dos 70, e precisan cambios en materia de maquinaria, bañeiras e canalización.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario