Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O 1 DE FEBREIRO ABRESE O PRAZO PARA O PAGAMENTO DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NO CONCELLO DO CARBALLIÑO
Dende o 1 de febreiro e ata o 2 de abril estará aberto o prazo para o pagamento do imposto de vehículos de tracción mecánica no concello do Carballiño. Este pagamento poderá realizarse na oficiña municipal de recadación, ubicada na pranta baixa da Casa Consistorial, en horario de 8:15 a 14:15 de luns a venres, e os xoves pola tarde en horario de 17:00 a 19:00. Así mesmo establecese un horario especial os sábados feirados dende as 10:00 as 12:00 horas.
Tamen poderán realizar este pagamento en calquera oficiña de Caixa Nova, quedando reservada esta opción para os contribuíntes que reciban a catra de pagamento nos seus domicilios , na conta de recadación a nome do Concello do Carballiño.
Transcorrido o prazo antes sinalado iniciarase o procedemento de contriximento para aqueles debedores que aparezan en descuberto, incorrendo automáticamente na recarga de contriximento, xuros de mora e, de so-lo caso, as custas que se produzan.
