Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O ALCALDE DO CARBALLIÑO LEMBRA QUE O CONCELLO XA CEDEU OS TERREOS PARA O FUTURO PARQUE DE BOMBEIROS
O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, lembrou que o consistorio que dirixe ten xa cedidos os terreos o consorcio do Parque de Bombeiros, para que este organismo poña a disposición os mesmos a Xunta de Galicia e se inicien os traballos para a creación deste servicios tan importante para a bisbarra.
Estas declaracions do máximo edil carballiñés teñen como berce as realizadas polo novo presidente da Mancomunidade, nas que sinalaba que estaban a espera de recibir a citada cesión dos terreos para por en marcha todo o proceso. Montes aseguraba que “esas declaracións deben estar feitas ben por que o novo presidente da mancomunidade non coñece o estado deste proxecto, ou ben para botar una cortina de fume que tape a inoperancia da mancomunidade durante todo este tempo dende que foi cedido o terreo, ubicado no polígono da Uceira”. Engadía o alcalde carballiñés que “neste intre o propietario deses terreos é o consorcio do Parque de Bombeiros, polo que debe ser este organismo o que proceda a cesión dos mesmos a Xunta de Galicia”.
Así mesmo Montes anunciaba que posiblemente o parque de bombeiros comarcal teñan o apoio da Deputación Provincial e a Dirección Xeral de Protección Civil, co cal estes dous estamentos afrontarían o 50% do custe e as futuras cargas de mantenemento do Parque, co que se libraría os concellos de máis gastos neste senso. Este modelo é o que están a seguir nas provincias de Lugo e A Coruña.
Precisamente nesta mesma semana se procederá a una xunta urxente do consorocio para o nomeamento dos novos cargos no mesmo, cambios motivados tralas eleccios municipais do pasado 2007.
