- » O DELGADO DE POLÍTICA TERRITORIAL ANUNCIA MÁIS INVERSIÓNS EN INFRAESTRUCTURAS NA VILA DO CARBALLIÑO

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
O CARBALLIÑO SUMASE OS ACTOS DO DÍA DA PAZ
O ALCALDE DO CARBALLIÑO LEMBRA QUE O CONCELLO XA CEDEU OS TERREOS PARA O FUTURO PARQUE DE BOMBEIROS

O DELGADO DE POLÍTICA TERRITORIAL ANUNCIA MÁIS INVERSIÓNS EN INFRAESTRUCTURAS NA VILA DO CARBALLIÑO

Posteado por concelloen Enero 23rd, 2008

O delegado de Política Territorial visitou hoxe a vila do Carballiño para comprobar o estado das obras que o seu negociado está a executar nesta vila, principalmente as que estanse a desenrolar nas rúas de Calvo Sotelo e estrada de Ribadavia. Nesta zona estase a proceder o reafirmado de todo o percorrido, dende a avenida do Parque ata a saída da estrada de Ribadavia. Estas obras , no que o seu traballo máis grande se refire, rematarán en dous días, para posteriomente pasar o proceso de sinalización vertical e horizontal de todo o tramo. Tamén se inlcuirá nun futuro una rotonda a altura do cimiterio, permitindo una circulación máis fluida nesa zona, así como un espacio para o aparcamento.

Por outra banda o delegado anunciou tamén que os traballos da avenida de Compostela están xa adxudicados, por un importe de 850.000 euros, e que comenzarán na segunda quincena de marzo como moi tarde. Nesta zona se realizarán as beirarrúas, firme e sinalización horizontal e vertical.

A entrada de O Irixo tamén está dentro da axenda de Política Territorial, e polo tanto se espera que nos vindeiros meses se presentará o proxecto e a súa posterior adxudicación. O mesmo ocurre ca estrada de Ourense que vai dende o límite co municipio de Maside e a rúa Conde Vallellano.

O delegado provincial sinalaba que “O Carbaliño é una das vilas galegas que máis tramos de estrada en zona urbana ten, e polo tanto debemos atender todas as súas demandas e necesidades neste eido”.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario