Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O CARBALLIÑO SUMASE OS ACTOS DO DÍA DA PAZ
A Área de Cultura do concello do Carballiño elaborou un programa de actividades para lembrar o día da Paz, que terá lugar o vindeiro 30 de xaneiro. A prmeira cita deste programa será o sábado 26 de xaneiro cun concerto no auditorio da vila a cargo do Dúo Da Capo, integrado pola soprano Begoña Alonso, profesora do conservatorio carballiñés, e o pianista Jorge Oliveira González. Este concerto comenzará as 19:30 horas.
Seguindo co programa o día 30 de xaneiro terá lugar una actividade para os alumnos de educación primaria dos centros carballiñeses que, baixo o titulo Xogos do Mundo, daranse a coñecer aspectos da cultura de diferentes partes do mundo, a traveso de xogos autóctonos. Nestas actividades participarán os alumnos de primiaria dos centros Sagrado Corazón, Vila do Arenteiro e a Uceira.
O día 31 e xa para os alumnos de secundaria, terá lugar a actividade Comercio con Sentido, onde se informará os nenos sobre o sistema de comercio internacional e as consecuencias deste sobre as poboacións empobrecidas. Nesta actividade participarán os alumnos de secundaria do Chamos Lamas e Número Un.
Por último na Ludoteca municipal tamén se participará destas actividades realizando un “árbol solidario da Paz”, dura nte dúas fines de semana.
