- » O CARBALLIÑO PEPARA O ENTROIDO 2008

O CARBALLIÑO PEPARA O ENTROIDO 2008

Posteado por concelloen Enero 28th, 2008

O Concello do Carballiño ten xa todo preparado para celerar un ano máis as festas do Entroido, que tendrán como primeiro punto de atractivo a celebración duna nova edición da Festa da Cachucha. Esta celebración gastronómica tendrá lugar o vindeiro domingo, 3 de febreiro, na carpar que neste intre estase a montar na Praza do Emigrante, e que albergará a máis de 250 persoas. Dende o pasado venres estanse a vender as entradas para participar desta festa, a prezos de 12 euros para os que asistan deesfrazados, e 17 para os que non. Deste xeito dende a área de festexos se pretende fomentar cada ano a participación de mascaras nesta festa carballiñesa. Os interesados en asistir ainda poden adquirir as súas entradas no departamento de recadación do concello, en horario de 8:30 a 14:30 de luns a venres.

Por otro lado un total de 12 restaurantes da vila tamen participan desta festa, ofrecendo os comensais a posibilidade de degustar dun completo cocido de cachucha durante a xornada do domingo 3 de febreiro.

O programa oficial do Entroido 2008 será presentado este martes, 29 de xaneiro, por parte da edil de Cultura do concello carballiñés. Neste programa non faltarán as citas para os máis pequenos, e tamen para o resto de veciños e visitantes que nestas datas acudan a vila carballiñesa



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario