Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
ANIMACIÓN NAS RÚAS E FESTA GASTRONÓMICA NO ENTROIDO 2008 DO CARBALLIÑO
O programa do Entroido 2008 da vila do Carballiño dará comenzo este domingo ca celebración da XIV edición da Festa da Cachucha, que se desenrolará nos restaurantes da vila e na carpa instalada na praza do Emigrante. A comida oficial, a da carpa, estará amenizada pola charanga “Chunda-Chunda”. Tralo xantar o grupo Troula Animación pora en escea polas rúas do carballiño a montaxe “Mulin Rouge”, dende as 17:00 horas.
Xa o luns o entroido centrarase nos nenos cuna festa infantil na praza do Emigrante, onde os máis pequenos poderán desfrutar dun obradoiro de maquillaxe e posteriormente con outra represnetación do grupo Troula Animación.
O día grande detse entroido carballiñés será un ano máis o desfile de charangas en comparsas, onde pro primeira vez actuarán as majoretes das escolas municipais deportivas. Para este desfile e o poestrior concurso, se establecieron un total de 20 premios, repartindose entre todos eles a cifra de 9.000 euros. Deste xeito a edil de Cultura Inmaculada Ucha sinalaba que “ninguna das charangas e comparsas que participen quedarán sen premio”. O desfile comenzará as 17:00 horas percorrendo as principais rúas da vila ata a Praza Maior, onde se procederá a o concurso e posterior fallo do xurado. Ese fin de festas estará amenizado pola orquestra “Casablanca”.
Finalmente a despedida do Entroido será un ano máis co enterro da sardiña, que tamen neste ano caerá a súa organización na Filatrónica do Doctor Anchoa.
Así mesmo se convoca un concurso fotográfico, en colaboura ca asociación Potiños, no que se premiará a mellor e máis orixinal imaxen deste entroido 2008 do Carballiño.
