Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
OS PASOS DE PEONS ELEVADOS REGULAN A VELOCIDADE NA VILA DO CARBALLIÑO
Esta semana comenzaron as obras para a creación dos pasos de peons elevados en varias rúas e avenidas do concello carballiñés, co obxetivo de regular a velocidade dos vehículos de tracción mecánica polo centro da vila. Así se instalaron dous destes pasos elevados na rúa Martínez Avellanosa, nos extremos da mesma, que na xornada deste martes estaban procedendo xa o seu pintado.
Outras das rúas que contarán con este sistema de regulación da velocidade será a avenida de Julio Rodríguez Soto. Os pasos elevados que estanse a instalar nestes días son similares os que se atopan na zona da Uceira, que obrigan os conductores a reducir a velocidade, tal e como marcan as normas de circulación vial.
Esta é una das medidas adoptadas dende a área de Tráfico do concello do Carballiño para , na medida do posible, evitar accidentes e atropelos dentro do casco urbano.
