- » O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU O ESTADO DAS OBRAS DA AUTOVÍA ENTRE DOZÓN E OURENSE, DENDE O CARBALLIÑO ATA SANTA CRUZ

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
ENTREGA DOS PREMIOS DE ESCAPARATISMO DO NADAL 2007/08
A OFICÑA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO ABRE NOVAMENTE NA ALAMEDA

O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU O ESTADO DAS OBRAS DA AUTOVÍA ENTRE DOZÓN E OURENSE, DENDE O CARBALLIÑO ATA SANTA CRUZ

Posteado por concelloen Enero 30th, 2008

autopistapresiyterrito.jpg

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, xunto ca conselleira de Política Territorial, visitou o estado das obras do último treito da autovía libre de peaxe entre Dozón e Ourense. A visita do máximo mandatario galego comenzou no municipio de Maside, percorrendo todo o tramo ata a localidade de Santa Cruz, tendo a oportunidade de comprobar o avanzado das mesmas, así como as dificultades orográficas que esta obra presenta.

Tanto María Xosé espinosa como Pérez Touriño destacaron a importancia desta nova vía de comunicación, que permite achegar os ourensanos as principais capitais galegas, e que será ainda máis importante cando rematen as obras da autovía de Lugo co cal as principais cidades galegas estarán unidas e máis cerca entre si.

Por outra banda destacaron a importancia de esta autovía para localidades como O Carballiño ou Maside, que contarán cun enlace ca mesa, e que permitirá o crecemento demográfico e industrial destas dúas vilas ourensanas. Neste intre xa están licitados os enlaces con O Carballiño e Maside por un importe de casi 40.000.000 de euros.

Co remate do enlace a vila do Carballiño convertirase nun gran centro de tráfico terrestre xa que contará con accesos rápidos e seguros o que permitirá acercarse as grandes capitais galegas. Cabe salientar que neste intre O Carballiño experimenta un importante crecimiento industrial gracias precisamente a esta ubicación xeográfica, así como as políticas deseñadas dende o concello para este sector.

Pérez Touriño anunciaba no día de hoxe que a autovía Dozón Ourense estará rematada a principios do ano 2009, e os plans son que todo o entramado de autovías galegas, contando ca saída cara a Portugal, en concreto a Chaves e Oporto, estea rematado no ano 2012.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario