- » A DELEGADA DE P`RESIDENCIA FIXO ENTREGA DUN NOVO CAMIÓN BOMBA A AGRUPACIÓN LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
O ALCALDE CARBALLIÑÉS REPRESENTOU O CONCELLO NA FERIA DE TURISMO DE FITUR EN MADRID
ENTREGA DOS PREMIOS DE ESCAPARATISMO DO NADAL 2007/08

A DELEGADA DE P`RESIDENCIA FIXO ENTREGA DUN NOVO CAMIÓN BOMBA A AGRUPACIÓN LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL

Posteado por concelloen Febrero 1st, 2008

A delegada da consellería de Presidencia fixo entrega este venres dun novo vehículo a agrupación local de Protección Civil de O Carballiño. Tratase dun camión bomba para a estinción de lumes no casco urbano, una das carencias que tiña a citada agrupación local. O alcalde carballiñés destacou o apoio que en todo momento ofrece a consellería de Presidencia para dotar de material e vehículos a Protección Civil na vila, o mesmo tempo que sinalaba a gran laboura que esta agrupación está desenrolando en toda a bisbarra.

O novo camión tivo un custe de 120.000 euros, dos cales o 80% foi aportado pola propia consellería de Presidencia. A súa delegada na provincia de Ourense sinalaba que “este é un dos 43 camións do mesmo estilo que estamos a repartir por varios concellos desta provincia, amosando así a preocupación que a consellería que represneto ten sempre para con estes corpos de seguridade, e polo tanto para a seguridade dos seus veciños”.

Montes aprobeitou a presencia da delegada para agradecer o traballo que están desenrolando dende Presidencia na creación da nova nave municipal “que en poco tempo comenzará a construirse”. Cabe sinalar que a antiga nave municipal tivo que ser derrubada tralo incendio sufrido o pasado ano.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario