Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O ALCALDE CARBALLIÑÉS REPRESENTOU O CONCELLO NA FERIA DE TURISMO DE FITUR EN MADRID
O alcalde do Carballiño estivo este pasado xoves na feira internacional de Turismo de Madrid, Fitur, represnetando o concello no stand da Xunta de Galicia, así como na presentación da revista oficial da feira na que se adica un aparftado a vila do Arenteiro. Carlos Montes sinalaba que “é importante estar neste tipo de eventos ainda que sabemos que o noso público no eido turístico non o atoparemos alí, xa que sería ridículo pensar que podemos competir con destinos como o Caribe ou as illas Canarias. A nosa intención é seguir apostando por feiras como a de Valladolid, destinada o turismo de interior , e donde acudimos xunto con outros estamentos como a Mancomunidade Turistica”. Montes lembraba que o custe que ten acudir a una feira como a de Fitur é impensable para concellos como o do Carballiño, e por elo apostan por outras fórmulas de difusión.
Así mesmo anunciou a presencia na vindeira feira de Xantar en Ourense, con un stand da Mancomunidade Turística na que se ofrecerán os dous grandes productos gastronómicos da zona, o viño do Ribeiro e o pulpo do carballiño.
