Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O CARBALLIÑO ENTRE DE PLENO DEREITO NO EIXO ATLÁNTICO
O Carballiño foi admitida dentro do Eixo Atlántico no decurso da asamblea celebrada o pasado venres na localidade de Vigo. deste xeito a vila carballiñesa forma parte, xunto con outras 33 cidades de galicia e Portugal, duno dos grupos de máis peso dentro da Unión Europea.O alcalde en funcions do concello do Carballiño, José Antonio Barge, foi o encargado de anunciar esta boa nova para a vila, asegurando que “xa somos una vila de primeira división”. Esta inlcusión de O Carballiño dentro do Eixo Atlántico vino precedida de varias xestions realizadas polo alcalde Carlos Montes ante esta institución, e varias conversas mantidas durante o pasado ano co presidente e vicepresidente da mesma, os alcaldes de Vila Nova de Gaia e Vigo respectivamente.
As razons que motivaron a inclusión de O Carballiño dentro do Exo Atlántico son o continuo crecemento poboacional dende o pasado ano 2000, así como o crecemento no sector productivo, baseado no incremento de empresas que escolleron O Carballiño para asentarse, e por último a confirmación do reequilibrio territorial? galego polo que está a traballar o goberno galego toda esta lexislatura.
José Antonio Barge destacaba que o importante de estar neste grupo de cidades é que “pasamos a formar parte dun colectivo de 7.000.000 de persoas, que forma un grupo de presión para conseguir melloras en ifraestructuras, culturais e acceso a fondos europeos”. O Eixo Atlantico é neste intre un dos tres maiores grupos de presión dentro da Unión Europea.
Entre os éxitos logrados nos últimos meses polo Eixo Atlántico está a construcción do Ave entre Oporto e Galicia, que está previsto poda inaugurarse o vindeiro ano 2013, trala inversión realizada pola Unión Europea de máis de douscentos millons de euros.
Xunto ca inlcusión de O Carballiño tamén foron aprobadas as de as vilas galegas de Ribeira e Sarria, reforzando así o eixo interior de Galicia, ademais de outras tres vilas de Portugal.
