Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS SELVÍCOLAS E PLANTACIONS EN TERRAS NON AGRÍCOLAS
Dende a Área de Medio Ambiente do concello do Carballiño se informa da apertura do prazo para a solicitude de axudas e subvencions destiñadas a realización de traballos selvícolas e a primeira plantación en terras non agrícolas.
No primeiro dos casos a orden foi publicada no DOGA do pasado 11 de febreiro, tendo de prazo para presentar as solicitudes un mes enteiro. No caso das terras non agrícolas a publicación foi anterior, o 7 de febreiro, sendo o seu prazo tamen dun mes a partir do día seguinte o da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Poderán ser beneficiarios destas axudas e subvencions os montes veciñais, os particulares ou agrupación de particulares. Para máis información sobre estas axudas poden dirixirse o departamento de Medio Ambiente do concello do Carballiño, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial, na súa parte traseira.
