Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O CARBALLIÑO PARTICIPOU NA XUNTANZA PRELIMINAR DA REDE DE CIDADES GALICIA CENTRO, XUNTO CON LALIN, MELLIDE E MONFORTE
O Concello do Carballiño participou na xuntanza preliminar da rede de Cidades Galicia Centro, na que tamén están incluidos os concellos de Lalín, Melide e Monforte.
As novas fórmulas de gobernanza oriéntanse cara a cooperación dos axentes públicos que comparten obxectivos e recursos. As redes de cidades estanse a converter en opcións estratéxicas para o desenvolvemento dos territorios
A cooperación flexible en ámbitos específicos de planificación ou de execución conxunta de accións de interés xenera innegables beneficios para o conxunto da cidadanía, favorecendo o incremento da calidade de vida da mesma.
A Galicia interior precisa do establecemento de estratexias de dinamización que permitan reducir a bipolaridade existente costa-interior, fomentar o emprego e reducir a perda demográfica.
O Carbaliño, Lalín, Melide e Monforte son pequenas cidades, cabeceiras de comarca, que articulan un territorio de 2.885 km2, e dan cobertura de servicios a unha poboación de 122.177 habitantes.? Comparten unha estructura territorial dual: un pequeño núcleo urbano e un significativo espacio rural, e un papel de axentes dinamizadores e de centralidade funcional respecto ós municipios próximos.
GALICIA CENTRO plantéxase como unha plataforma de cooperación para a planificación e execución de políticas e accións entre os concellos de O Carballiño, Lalín, Melide e Monforte, na procura do fomento de sinerxias e complementariedades que permitan un maior desenvolvemento integral, e unha xestión máis eficaz dos servicios públicos.
•? ? ? ? ? ? ? ? ESPECÍFICOS
–? ? ? ? ? ? ? ? Desenvolvemento de programas de intercambio e cooperación no eido social, deportivo, económico e cultural.
–? ? ? ? ? ? ? Identificación das potencialidades conxuntas de desenvolvemento
–? ? ? ? ? ? ? Logro de economías de escala que favorecen a contratación de servicios externos comúns, reducíndose o coste dos mesmos
–? ? ? ? ? ? ? Posta en marcha de estratexias de promoción económica e turística comúns.
–? ? ? ? ? ? ? Fomento e creación de emprego nas súas localidades
–? ? ? ? ? ? ? Diseño de medidas de articulación territorial conxuntas, sobre todo no ámbito dos transportes e das infraestructuras con capacidade de articulación do espacio interior.
A rede de cidades GALICIA CENTRO créase como fórmula asociativa e voluntaria dos concellos de O Carballiño, Lalín, Melide e Monforte.
Neste caso,? xurde como unha ASOCIACIÓN VOLUNTARIA DE MUNICIPIOS para a prestación de servizos en común e para a planificación coordinada de políticas de interés conxunto.
O consorcio é o marco óptimo para o establecemento de sinerxias e de estratexias de cooperación, fundamentalmente pola flexibilidad que aporta para articular en cada caso concreto as accións que os membros de GALICIA CENTRO estimen oportuno.
