- » O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE VISITOU OS PROXECTOS QUE O SEU DEPARTAMENTO ESTÁ A REALIZAR NA VILA DO CARBALLIÑO

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE VISITOU OS PROXECTOS QUE O SEU DEPARTAMENTO ESTÁ A REALIZAR NA VILA DO CARBALLIÑO

Posteado por concelloen Febrero 16th, 2008

O conselleiro de Medio Ambiente Manuel Vazquez visitou este sábado a vila do Carballiño para comprobar o estado dos proxectos que o seu departamento autonómico está a desenrolar na localidade carballiñesa, e o mesmo tempo informar sobre o estado dos que se atopan na axenda da consellería nesta mesma vila. En total as actuacions da consellería de Medio Ambiente na vila do Carballiño están a suponer una inversión cercana os 12.000.000 de euros que en palabras do propio conselleiro “servirán para mellorar a calidade de vida dos veciños desta vila”.

Entre os proxectos que Medio Ambiente ten en marcha no Carballiño figura a obra do vertedeoiro incontrolado de Godás, que neste intre están pendentes da súa recepción, e que figura cuna inversión de 30.000 euros. Destaca tamen a obra de embelecemento das márxenes do río Arenteiro, que dará comenzo a finais do mes de marzo e terá un periodo de execución de 5 meses, tralo cual quedará un paseo circular dende a ponte de Veiga ata a zona dos muiños, con duas pasarelas sobre o río.Todo est eproxecto estará executado en materiais como a madeira e a zahorra, nada agresivos co medio natural polo que discurrirá.

Por outra banda o conselleiro anunciou que nun prazo aproximado de dous meses rematará o proxecto de reposición da estación de augas residuais , a EDAR, que tivo un custe de 1.200.000 euros. Nesta mesma linea se invertirán 6.400.000 de euros no saneamento do río Carrás, para o cal estiman dende a consellería que nun prazo de tres meses estarán acometidos os acordos cos propietarios afectados pola obra. Nesta se inlcúe una novidade como é a creación doutro paseo fluvial en todo ese cauce, similar o do río Arenteiro. Os outros proxectos que está consellería está desenrolando na vila son o arranxo e embelecemento da avenida do Parque, cuna inversión de 300.000 euros, e para a que está prevista outra similar na mesma zona. así tamén se contempla dentro deste proxectos o saneamento integral do rural carballiñés, o programa de contenerización soterránea na vila e a posible xestión mancomunada do Punto Limpo, sen esquecer o tractor desbrozadora que a consellería donará o Concello para a realización de traballos forestais.

Trala reunión do conselleiro cos membros da corporación municipal do carballiño, presidida polo alcalde en funcions José Antonio Barge, e ca presencia do delegado da consellería e o responsable de Augas de Galicia, se procedeu a visitar o río Arenteiro, máis en concreto a canle de alevinaxe onde, xunto co director xeral de Conservación da Natureza, se procedeu a solta de 260 alevis de troita autóctona.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario