- » OS PULPEIROS DO CARBALLIÑO APOIAN A INICIATIVA DO CONCELLO PARA DIFUNDIR AS EXCELENCIAS DO PULPO NA FEIRA GASTRONÓMICA DE XANTAR

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
OBRAS D EMELLORA DA ESTRADA DE SEÑORIN
OS PULPEIROS DE ARCOS REPRESENTARÁN O CARBALLIÑO NA FEIRA DE XANTAR

OS PULPEIROS DO CARBALLIÑO APOIAN A INICIATIVA DO CONCELLO PARA DIFUNDIR AS EXCELENCIAS DO PULPO NA FEIRA GASTRONÓMICA DE XANTAR

Posteado por concelloen Febrero 21st, 2008

O edil de Turismo do concello do Carballiño Manolo Dacal mantivo este pasado mércores una reunión cos pupeiros da parroquia de Arcos. O principal motivo desta xuntanza era a de convidar a este profesionais a participar de xeito activo na feira da gastronomía de Xantar, que se celebrará un ano máis en Expourense. Dacal adiantou os pulpeiros a xeito de traballar nesta feira, así como aintención do concello de publicitar exclusivamente o producto estrela da gastronomía carballiñesa, o pulpo. Nun primeiro momento 8 profesionais do pulpo estiveron interesados en participar nesta iniciativa, ante o cal tiñeron que facer un sorteo entre todos eles, xa que so poderá instalarse un no stand de Xantar. Según apuntaba Dacal “o noso stand estará no mesmo centro da feira, en el teremos a caldeira e varios pipotes de viño que servirán de mesas para todos os que queiran degustar o noso pulpo. Ademáis servirase tamen viño do ribeiro”.

Dende o principio o concello quere apoiar o mellor producto e o que máis difusión ten dentro da gastronomía local, e por elo escolleron esta fórmula para poñela en marcha na feira de Xantar. Algo que pretenden repetir nas outras feiras as que acuda o concello carballiñés.

O stan no que se ubicará a caldeira do pulpo do carballliño será o da mancomunidade turística Terras do Avia, co cal o custe para o pulpeiro será cero.

Por outra banda na reunión mantida entre o edil de turismo e os pulpeiros falouse tamen da posibilidade de por en marcha un indicativo xeográfico protexido do pulpo carballiñés, dun xeito parecido o realizado polos panadeiros de Cea. Neste senso Dacal anunciou o total apoio do concello nesta iniciativa que ainda esta no berce.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario