- » OS SERVICIOS SOCIAIS MANTERÁN NOS MESES DE VERAO O PROGRAMA DE FAMILIAS MADRUGADORAS

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
MANIFESTO DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO POR MOR DAS CATRO MULLERES QUE FORON ONTE ASASINADAS
OBRAS D EMELLORA DA ESTRADA DE SEÑORIN

OS SERVICIOS SOCIAIS MANTERÁN NOS MESES DE VERAO O PROGRAMA DE FAMILIAS MADRUGADORAS

Posteado por concelloen Febrero 25th, 2008

Os Servicios Sociais do concello do Carballiño anunciaron o seu interese de aumentar o servicio de Familias Madrugadoras ós meses de verao, para deste xeito favorecer ainda mías a conciliación da vida laboral e a vida familiar dos pais con nenos en idade escolar, e que non teñan con qen deixalos mentres eles traballan.

Ata o momento este programa de Familias Madrugadoras estase a desenrolar de luns a venres, no colexio Calvo Sotelo, e nun horario que vai dende as 7,30 as 10,15 horas. Durante este tempo os nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, están acompañados nun aúla por persoal cualificado, desenrolando diversas actividades lúdicas e educativas.

Pero o problema que se lle plantexou a área de Servicios Sociais era que facer cando remate o curso académico, xa que o problema destas familias será o mesmo, non ter con quen deixar os nenos mentres eles traballan. Por este motivo decidiouse ampliar o servicios tamen os meses de verao, e incluso ampliar o horario a toda a maña. Esta foi una medida que xa foi moi ben recollida polos país que usan o servicio e que ven como dende o concello se apoia a inclusión laboral destes pais e nais.

Neste intre son uns 30 os rapaces que a diario usan o servicio de Familias Madrugadoras, e as previsions é que este número aumente nun futuro.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario