- » MANIFESTO DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO POR MOR DAS CATRO MULLERES QUE FORON ONTE ASASINADAS

MANIFESTO DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO POR MOR DAS CATRO MULLERES QUE FORON ONTE ASASINADAS

Posteado por concelloen Febrero 27th, 2008

A área de Servicios Sociais do concello do Carballiño convocou para este mércores un minuto de silencio para condenar os asasinatos cometidos este pasado martes cuias victimas foron catro mulleres. A edil Asunción Rivero diu lectura a un manifesto en repulsa deste actos:

Alguen onte perdeu a súa filla, a súa nai, a súa irmá, a súa a miga…non son número, son mulleres de carne e óso que deixaron sangue e tragedia nalgún punto de España.

Desafortunadamente hoxe temos que unha vez máis denunciar unha situación de violencia machista, o episodio máis negro da violencia de xénero do noso país, xa que onte foron asesinadas a mans das súas parellas 4 mulleres.

O primeiro dos asesinatos acontecía en Madrid, onde a víctima unha moza de 22 anos de idade foi apuñalada pola súa parella no seu domicilio. O segundo dos asesinatos tiña lugar as tres da tarde de onte no Porto de Santa María de Cádiz, onde a víctima de 49 anos tamén perdía a vida despois de recibir diversas puñaladas presuntamente a mans do seu exmarido. O terceiro dos crímes acontecía en Culera onde unha muller de 44 anos era asesinada mentres se atopaba cunhas amigas tomando algo nunha terraza. Pero os acontecementos non ficaron ahí xa que a crónica negra de violencia machista aumentaba cunha cuarta víctima na cidade de Valladolid, onde foi asesinada unha muller polo seu marido cunha escopeta.

Os concellos son as institucions que están máis preto da cidadanía, por ise motivo dende o concello do Carballiño, e en particular dende a concellería de Servicios Sociais e o Centro de Información as Mulleres, queremos denunciar públicamente a nosa repulsa e a repulsa de toda a sociedade ante este tipo de acontecementos.

Con tal motivo , hoxe atopámonos reunidas aquí varias persoas que desecamos amosar a nosa repulsa públicamente, ante os feitos acontecidos onte en catro puntos da xeografía de España, gardando un minuto de silencio polas catro mulleres asesinadas e agardando que toda a sociedade xunta e unida poida erradicar a violencia machista da nosa sociedade dunha vez e para sempre.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario