- » INICIO DO SANEAMENTO INTEGRAL DO RÍO CARRÁS POR UN IMPORTE DE 6.000.000 E EUROS

INICIO DO SANEAMENTO INTEGRAL DO RÍO CARRÁS POR UN IMPORTE DE 6.000.000 E EUROS

Posteado por concelloen Marzo 11th, 2008

O alcalde do Carballiño Carlos Montes anunciou o inicio inminente das obras para o saneamento integral do río Carrás que suporá unha inversión de 6.000.000 de euros e se executará gracias as xestions realizadas ante a consellería de Medio Ambiente da Xuna de Galicia. Este proxecto contempla a creación da rede de colectores en todo o tramo do río Carrás, dende o límite co concello de Maside e todo o tramo carballiñés. Precisamente estas obras darán comenzo nese límite co municipio masidao. Tamén se executarán o mesmo tempo as obras para a colocación da nova depuradora de augas residuais, que recollerá e tratará os verquidos do 50% dos veciños do Carballiño.
O alcalde sinalaba que a primeira actuación será unha reunión cos propietarios afectados, pese a que a maioria dos terreos son de dominio público. Nesa reunión cos afectados se lles explicará o proxecto así como as posibles zonas afectadas.
O prazo de execución deste proxecto será de dous anos, e será realizado polo empresa Taboadela e ramos, a quen foi adxudicada a obra. O proxecto definitivo desta macro obra estará no concelo este mércores, co cal os veciños xa poderán revisalo nas propias oficiñas municipais.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario