- » OS CATRO CONCELLOS INTEGRADOS NA ASOCIACIÓN VOLUNTARIA DE GALICIA CENTRO CONCRETARON AS PRIMEIRAS ACCIONS CONXUNTAS A DESENROLAR NA REUNIÓN MANTIDA NO CARBALLIÑO

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
APERTURA DO PRAZO PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS DE VERAO DA XUNTA DE GALICIA
INICIO DO SANEAMENTO INTEGRAL DO RÍO CARRÁS POR UN IMPORTE DE 6.000.000 E EUROS

OS CATRO CONCELLOS INTEGRADOS NA ASOCIACIÓN VOLUNTARIA DE GALICIA CENTRO CONCRETARON AS PRIMEIRAS ACCIONS CONXUNTAS A DESENROLAR NA REUNIÓN MANTIDA NO CARBALLIÑO

Posteado por concelloen Marzo 12th, 2008

Os concellos integrados na asociación voluntaria Galicia Centro, Melide, Monforte, Lalín e O Carballiño, acordaron as primeiras accions a desenrolar conjuntamente na reunión mantida este pasado martes na consistorial carballiñesa. Unha reunión a que acudiron técnicos e representantes políticos dos catro municipios.

Entre as accions acordadas está en primeiro lugar crear unha guía conxunta na que se describiría unha ruta dun día por cada un dos concellos, con itinerarios culturais e lúdicos, acompañada de fotos, e que será distribuída polos colexios de Galicia para atraer as posibles excursións escolares que se realizan a finais de cada curso. Deste folleto se realizará unha tirada de 4.000 exemplares costeados apartes iguais por cada concello integrado en Galicia Centro.

Outra das acions conxuntas será a organización de visitas a cada un dos concellos integrantes da asociación dentro de cada un dos campamentos de verao que organizan. Realizando así un intercambio entre os rapaces que se inscriban nesos campamentos. Deste xeito os nenos de O Carballiño poderán coñecer os municipios de Melide, Monforte e Lalín, a igual que estos poderán coñecer os outros concellos. Tamen dentro das accions conxuntas se acordou a convocatoria dun concurso fotográfico no que se pretende premiar os traballos que mellor recollan as características culturais, sociais e lúdicas de cada un destes municipios, creandose posteriormente cos traballos presentados unha exposición itinerante por cada un deste concellos.

Por outro lado se acordaron accions a desenrolar en cada un dos concellos. Deste xeito Monforte organizará un festival de música pop-rock contando para elo cos grupos dos outros municipios. Este festival tería lugar o día 11 dee agosto, coincidindo co inicio das súas festas patronais.

No caso de Lalín a súa proposta foi a celebración dun festival de bandas de música, cada unha dun dos concellos integrados, que tería lugar o día 7 de setembro. Pola súa banda Melide apuntaba a posibilidade de convocar un festival de corais, onde tamen estarían as representantes de cada un dos concellos de Galicia Centro.

Por último O Carballiño apostaría polo deporte organizando unha ruta de cicloturismo polo Camiño dos Arrieiros, contado ca participación de ciclistas dos catro concellos. Esta proba está ainda sen definir a súa data pero o máis probable é que fora no mes de xullo.

Así mesmo acordouse a celebración dunha olimpiada intermunicipal para os escolares que comenzaría a celebrarse no vindeiro ano 2009, e a contratación conxunta de infraestrucras para actividades co obxetivo de abaratar custes, e a posibilidade de crear ferias sectoriais para dinamizar a industria e o comercio local.

Todas estas propostas deberán ser aprobadas defnitivamente na reunión que manterán os acaldes dos catro concellos o vindeiro día 8 de abril na localidade de Melide.

?



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario