Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
APERTURA DO PRAZO PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS DE VERAO DA XUNTA DE GALICIA
Un ano máis o concello do Carballiño faise eco das actividades xuvenís para o verao 2008 que ofertan dende a Xunta de Galicia a traveso da dirección xeral de Xuventude. A oferta inlcúe actividades dentro e fora da nosa comunidade autónoma durante os meses de verao, con destiños variados como Huesca, Salamanca, Segovia ou a Illa de Ons. Poderán participar nestes campamentos de verao os nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos, tendo en conta que os nados no ano 90 non poderán cumplir os 18 anos antes da finalización do campamento, e os nados no ano 99 deberán ter cumpridos os 9 anos ao inicio do mesmo.
O programa de actividades comprende o aloxamento en albergues subvenís, residencias ou campamentos xuneis, así como a pensión completa, o material necesario para a actividade, todo elo sempre asesorado e vixiado por un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre. Tamén inlcúe a atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes. Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese tamén o transporte dende Santiago de Compostela.
As solicitudes para poder participar nestas actividades poderán realizarse por vía escrita ou por vía telemática. Para o primeiro dos casos deberán cumprimentar a solicitude que lle será facilitada na área de Cultura do Concello do Carballiño. No caso de optar pola vía telemática deberán acudir a páxina web www.xunta.es/servicios . O prazo para a presentación destas solicitudes rematará o vindeiro 11 de abril. A adxudicación das prazas realizarse de xeito directo , no caso de que a demanda non supere o número de prazas disponibles. No caso de que o número fora superior se realizará un sorteo ante notario o día 5 de maio.
Para a máis información sobre estes campamentos de verao 2008 poderán dirixirse a área de Cultura do concello do Carballiño, de luns a venres en horario de maña; ou ben na páxina web www.xuventude.net .

tD0A83 ajasefgogbya, [url=http://msuitfqngfzk.com/]msuitfqngfzk[/url], [link=http://yjabhgrafsen.com/]yjabhgrafsen[/link], http://dkwjccysbyqd.com/