Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
O CARBALLIÑO DESTACA COMO DESTIÑO DE TURISMO DURANTE A SEMANA SANTA. PRETO DE MIL PERSOAS PASARON POLOS CENTROS TURÍSTICOS DA VILA DURANTE ESTES PASADOS DÍAS FESTIVOS
A vila do Carballiño segue a ser un importante destiño do turismo do interior como quedou reflexado nas visitas contabilizadas durante as pasadas festas da Semana Santa. E dentro dos atractivos da vila carballiñesa o seu museo etnográfico, xunto co templo da Veracruz, forman o principal interese dos turistas.
Entre os días 14 e 23 de marzo polas instalacións do museo etnográfico dos muiños do Arenteiro pasaron máis de 800 persoas, interesadas sobre todo no funcionamento deste tipo de infraestructuras hidráulicas, así como pola vida dos antigos profesionais dos muiños. O público familiar foi o que máis visitou estas instalacións, que tiveron durante a última fin de semana a maior afluencia, debido en gran parte a decisión da área de Turismo do concello carballiñés, de ofrecer unhas xornadas de portas abertas.
Un bo reflexo da afluencia de visitantes a vila carballiñesa foi tamén as visitas registradas na oficiña de información turística, ubicada na praza da Alameda, onde unhas 400 persoas interesaronse por destiños e lugares de interese para visitar durante a súa estadía na vila. Os lugares de maior interese para estes turistas foron novamente os muiños, así como o templo da Veracruz e o entrono como a zona vitivinícola do ribeiro, ou o mosteiro de Oseira.
Atendendo os datos desta oficiña , a maioria dos usuarios procedían de fora da nosa comunidade, de lugares como o Principado de Asturias, o País Vasco ou provincias limítrofes de Castela e León. Pero tamén rexistraronse visitas de turistas da zona centro como Madrid ou Toledo, así como do sur peninsular.
Como é lóxico outros dos granes intereses dos visitantes a nosa vila estivo na nosa gastronomía. Según aseguraban dende a oficiña de información turísticas , moitos dos que pasaron por ela, ademais de preguntar por destiños tamén estaban moi interesados en saber onde xantar o pulpo, e como non, as famosas cañas fritas do Carballiño.
Dende a área de Turismo están moi satisfeitos pola afluencia de visitantes a vila, a anuncian que seguiran apostando por este tipo de turismo, promocionando a nosa vila en feiras do sector como a de Valladolid ou Xixon.
