Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
- Outras Noticias
- O CONCELLO DO CARBALLIÑO SOLICITA O SERVICIO DE NOITEBUS PARA AS FINES DE SEMANA CON PERCORRIDOS POR BOA PARTE DA BISBARRA
- O CARBALLIÑO DESTACA COMO DESTIÑO DE TURISMO DURANTE A SEMANA SANTA. PRETO DE MIL PERSOAS PASARON POLOS CENTROS TURÍSTICOS DA VILA DURANTE ESTES PASADOS DÍAS FESTIVOS
O CONSELLO DA XUNTA VEN DE APROBAR O PROXECTO DO NOVO CAMPO DE FUTBOL DA UCEIRA NO CARBALLIÑO
O alcalde do Carballiño Carlos Montes, xunto co edil de deportes Manolo dacal, anunciaban a aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia do proxecto do campo de futbol da Uceira, o que suporá unha mellora considerable das instalacións deportivas da vila, e sobre todo para as escolas de futbol municipais, que desenrolan o seu traballo nestas instalacións. A obra dará comenzo durante este verao, para non interferir no traballo das escolas deportivas, e poderá estar listo para a vindeira tempada 2008/09.
O alcalde carballiñés agradeceu o apoio prestado pola consellería de Cultura a este proxecto, que foi elaborado polo propio concello, así como o esforzo realizado para reducir o custe da aportación municipal, quedando finalmente en tan so o 15% do proxecto total.
A vindeira semana o edil de Deportes Manolo Dacal, manterá unha reunión cos país dos alumnos das escolas deportivas para explicarlles este novo proxecto, así como as accións a desenrolan en materia de infraestructuras deportivas nun futuro próximo
