- » O CONCELLO DO CARBALLIÑO SOLICITA O SERVICIO DE NOITEBUS PARA AS FINES DE SEMANA CON PERCORRIDOS POR BOA PARTE DA BISBARRA

O CONCELLO DO CARBALLIÑO SOLICITA O SERVICIO DE NOITEBUS PARA AS FINES DE SEMANA CON PERCORRIDOS POR BOA PARTE DA BISBARRA

Posteado por concelloen Abril 1st, 2008

O concello do Carballiño, a traveso da súa área de Turismo, ven de solicitar a consellería de Política Territorial a creación de novas rutas do Noitebus co que pretende dinamizar o sector da hostelería na vila carballiñesa, sempre contando ca seguridade nas estradas. Deste xeito a solicitude do concello carballiñés recolle a linea de Noitebus que pasará polas localidades de Rivadavia, O Irixo, Piñor, Barbantes e Beariz, con destiño a vila do Orcellón e regreso as mesas poboacións durante as noites das fines de semana.

O edil de Turismo Manolo dacal destacaba que o sector da hostelería é moi importante na vila, e que con este sistema se pretende garantir a seguridade de todos os veciños da bisbarra que queran baixar a O Carballiño, sen ter que pensar en usar os seus vehículos particulares, e polo tanto minimizando o risco nas estradas.

O Noitebus é unha practica da consellería de Política Territorial, a traveso da dirección xeral de Transporte, que pretende ser una aposta para reducir o máximo a siniestrabilidade nas estradas galegas. Este proxecto está a ter unha gran acollida en todos e cada un dos concellos onde está desenrolandose. O prezo para esta tempada do Noitebus será de 2 euros por persoa, sendo posible facer máis dunha viaxe durante cada noite polo mesmo prezo.

Dende o concello do Carballiño agardase a desposta favorable por parte da consellería, e deste xeito por en marcha este servicio o máis pronto posible. O custe para o concello será do 10% do servicio, sempre que esta cantidade non sexa cuberta pola venda de billetes.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario