- » A CONSELLEIRA DE VIVENDA E SOLO INAUGURÓ A SEGUNDA FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DO CARBALLIÑO

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
COMENZARON AS OBRAS DE SANEAMENTO DO RÍO CARRÁS
AMPLIASE O PRAZO PARA O PAGAMENTO DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS NO CONCELLO DO CARBALLIÑO

A CONSELLEIRA DE VIVENDA E SOLO INAUGURÓ A SEGUNDA FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DO CARBALLIÑO

Posteado por concelloen Abril 2nd, 2008

A conselleira de Vivenda e Solo inauguró hoxe, mércores 2 de abril, a segunda fase do Parque Empresarial do Carballiño, que amplía en 87.860 metros cadrados a oferta de chan industrial na bisbarra carballiñesa cun investimento total de 2,6 millóns de euros por parte do organísmo autonómico. Desa superficie total destínanse 53.009 metros cadrados a uso industrial e comercial? distribuídos en 14 parcelas, cunha superficie que oscila entre os 880 e os 22.500 metros cadrados.

Táboas lembrou que entre o 25 de xaneiro e o 29 de febreiro de 2008 a consellería abriu o concurso público para a compravenda destas parcelas, solicitando solo un total de 6 empresas para a adquisición de 7.822 metros cadrados, o que representa o 18% sobre a totalidade do solo ofertado.

A conselleira tamén presentou o no plan director da zona empresarial do Carballiño a que adicarase un investimento de 1,8 millóns de euros, que estarán dirixidos as melloras das infraestructuras da zona empresarial, unificando o polígono industrial e o propio parque empresarial.

Na inauguración desta segunda fase do Parque Empresarial estiveron o delegado de Vivenda e Solo, así como o alcalde da vila, e representantes da política local e provincial.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario