- » COMENZARON AS OBRAS DE SANEAMENTO DO RÍO CARRÁS

COMENZARON AS OBRAS DE SANEAMENTO DO RÍO CARRÁS

Posteado por concelloen Abril 3rd, 2008

O alcalde do Carballiño Carlos Montes anunciaba o inicio das obras de saneamento do río Carrás, que terán unha inversión de 6.000.000 de euros, e que permitirán ofertar un saneamento integral do 50% da vila. montes destacab que cas inversións realizadas nos acuíferos carballiñeses nun prazo de dous anos a vila estará totalmente saneada, contando con ríos que permitirán o seu uso e disfrute para todolos veciños e visitantes.

Neste senso referíase o alcalde tanto as obras de saneamento como as de embelecemento das ribeiras tanto do Carrás como do Arenteiro, que ofrecerán paseos fluviais por todo o seu entorno, permitindo deste xeito recuperar zonas que ata o momento estaban esquecidas polos propios carballiñeses.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario