- » CAMBIOS DA ORDENACIÓN DO TRÁFICO NA VILA DO CARBALLIÑO

CAMBIOS DA ORDENACIÓN DO TRÁFICO NA VILA DO CARBALLIÑO

Posteado por concelloen Abril 11th, 2008

O edil de Tráfico do concello do Carballiño José Antonio Barge presentou hoxe o proxecto de cambios nas rúas da vila para buscar unha maior fluidez, seguridade e máis prazas de aparcamento público no casco urbano da vila carballiñesa. Barge sinalaba que “todos os cambios que propoñemos nesta nova ordenación do tráfico teñen un sentido práctico, a única decisión política foi a de iniciar este proxecto, logo foron os técnicos de tráfico da vila, a Policía Local, a que fixo este traballo de remodelación de tráfico, que pretendemos que sexa consensuada por todos los grupos políticos e sociais da vila”.

Os principais cambios propostos se basan en crear un ciruito de circunvalación que alivie as principais vias do pobo, e o mesmo tempo se oferzcan vías alternativas os conductores. Nese senso o cabo da Policía Local Francisco Valeiras explicaba como será a circulación a partires deste verao. Tomando como inicio destes cambios a principal vía de entrada o pobo, a rúa Ourense e Conde Vallellano, os primeiros cambios chegan na rúa Evaristo Vaamonde, que sería so de saída en dirección a nacional 525; con este cambio se consigue tamen o aparcamento en bateria nos dous lados desta rúa, gañando así aparcamento público. Seguindo a ruta de Conde Vallellano en dirección a la Alameda a rúa Aldara sería de dirección única en sentido a Praza Maior, e o mesmo ocurriría ca rúa Cesáreo Tizón ata o cruce cas estrada de Ribadavia. Neste punto se produce un novo cambio xa que a rúa Centro Carballiño en Bos Aires sería so de baixada, e non de subida como ata agora, ata a avenida de Xulio Rodríguez Soto, e non se poderá xirar dende a rúa Calvo Sotelo, para elo se cambiou o sendo da rúa Juan Pajariño, co cal o conductor deberá circundar a manzana para coller a dirección a avenida.

Precisamente na avenida Xulio Rodríguez Soto, e para desconxestionar esta vía, se optou por deixar todalas rúas que parten de esta ata a avenida do Balneario de sentido único de baixada, salvo a da ponte Toscaña que seguirá sendo de dobre sentido.

Outro cambio o atoparemos no cruce de Conde Vallellano con Curros Enríquez. Os vehículos que veñan dende a rotonda non poderán xirar a esquerda a Curros Enríquez, para evitar deste xeito un dos puntos negros do tráfico na vila. Para coller esta rúa deberá baixar ata Aldara, logo pola Carreira e subir novamente por Conde Vallellano.

Estes cambios poderían estar a proba a partirés de finais deste mes de abri ou comenzos de maio, para pasar a ser defintivos no mes de xuño. O edil de Tráfico solicitaba a colaboura dos veciños para facer estes cambios que sempre serán un pouco liosos nos primeiros días.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario