- » O CARBALLIÑO SERÁ A ÚNICA VILA QUE CONTARÁ CUN PARQUE MÓBIL DE TRÁFICO PARA OS NENOS E ESCOLARES, UBICADO NO PARQUE MUNICIPAL

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
INICIO DOS TRÁMITES PARA A CREACIÓN DUN NOVO CENTRO SANITARIO NO CARBALLIÑO
CAMBIOS DA ORDENACIÓN DO TRÁFICO NA VILA DO CARBALLIÑO

O CARBALLIÑO SERÁ A ÚNICA VILA QUE CONTARÁ CUN PARQUE MÓBIL DE TRÁFICO PARA OS NENOS E ESCOLARES, UBICADO NO PARQUE MUNICIPAL

Posteado por concelloen Abril 21st, 2008

Os escolares do Carballiño poderán aprender as normas de seguridade vial na propia vila gracias as xestións realizadas polo edil de Tráfico José Antonio Barge ante os responsables de educación vial da dirección Xeral de Tráfico de Ourense, e que diron como froito a creación dun parque móbil onde se ubicará un circuito dotado con todos os elementos necesarios para a aprendizaje e práctica das normas de circulación. Na reunión mantida cos responsables de tráfico tamén estiveron os cabos da Policía Local da vila, xunto co edil do grupo de goberno. Barge lembraba que esta actividade era algo que xa se batallaba dende un tempo atrás o entender que era unha practica imprescindible para que os conductores carballiñeses do futuro tuveran unha sólida base de educación vial. Inlcluso na anterior leixislatura xa se anunciou a posibilidade de crear este tipo de circuitos na vila.

A idea é a instalar este parque móbil na zona da pista de baile do Parque Municipal, onde se procederá nos vindeiros días o pintado dun circuito urbano, con rúas, cruces e interseccións, así como zonas ajardinadas, pasos de peons ou beirarrúas. Precisamente na vindeira semana se remitirá dende a delegación ourensana de Tráfico o plano para que se proceda o pintado das pistas.

Barge sinalaba que todolos elementos móbiles poderán ser gardados unha vez finalicen as clases ou os cursos no almacen que existe baixo o palco do Parque, para que non queden a intemperie, nin dificulten o desenrolo de outro tipo de actividades como poderían ser os bailes da terceira idade que se celebran nos meses de verao, ou as actuacións da Festa do Pulpo.

Pola súa banda dende a delegación provincial de Tráfico se dotará a este parque móbil de todolos elementos necesarios para o seu desenrolo como poden ser as sinais , semáforos; e bicicletas e vehículos para os escolares que usen estas pistas.

O edil de Tráfico anunciou que a intención do concello é que este parque esté funcionando durante todo o ano, atendendo a demanda dos centros escolares, e sempre que a meteorología o permita. Neste senso sinalo que nun futuro próximo se poderá contar cun parque deste estilo pero de xeito permanente e cuberto, co cal podería ser usado todolos días do ano.

A creación deste parque móbil é unha novidade que coloca a O Carballiño como a única vila que contará cunhas instalacións deste tipo, sen contar a capital provincial que ten tanto un parque permanente como varios parque móbiles.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario