- » INICIO DOS TRÁMITES PARA A CREACIÓN DUN NOVO CENTRO SANITARIO NO CARBALLIÑO

INICIO DOS TRÁMITES PARA A CREACIÓN DUN NOVO CENTRO SANITARIO NO CARBALLIÑO

Posteado por concelloen Abril 23rd, 2008

O alcalde do Carballiño Carlos Montes anunciaba o inicio do proceso para a adquisición dos terreos necesarios onde ubicar o novo centro sanitario da vila. En concreto estanse elaborando as bases para a adquisición dos citados terreos, bases que serán antes consensuadas ca oposición, buscando sempre un consenso neste asunto. Unha vez redacatadas as bases defintivas se procederá a súa publicación no DOGA e BOP, para iniciar o proceso de concurso público.

Montes mantivo a pasada semana unha reunión ca responsable da consellería de Sanidade para ultimar este asunto da dotación dun novo centro sanitario a vila, un proxecto que conta co total respaldo da consellería. Nesa reunión falouse tamén da intención do organísmo autonómico de iniciar os trámites durante este exercicio de 2008, co cal podería ser unha realidade en pouco tempo.

Entre os requisitos que se solicitarán para mercar este terreo están as de contar con un mínimo de 2.500 metros cadrados, unha ubicación de fácil accesibilidade tanto a pe como en automóvil, aparcamentos exteriores, e ser compatible co uso sanitario para evitar ter que facer modificacións puntuais do plan urbano, e polo tanto retrasar o proxecto.

O orzamento base para a adquisición destes terreos estaría fixado nos 180.000 euros, que serían costeados integramente polo organismo municipal, para o que conta partidas dentro dos seus orzamentos do 2008.

Na actualidade existen uns 4 ó 5
terreos no carballiño que cumplirían a maioría destes requisitos polo que o alcalde se mostra optimista a hora de iniciar todo o proceso que permitiría , ademías de ter novas instalacions sanitarias, ampliar tamén as especialidade médicas na vila.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario