- » O CONCELLO ELABORA UN PLAN ESTRATÉXICO DE IMPULSO PARA O COMERCIO LOCAL

Información

Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorías e os RSS de cada autor


Outras Noticias
A CONSELLEIRA DE SANIDADE PRESENTA NO CARBALLIÑO O NOVO PROGRAMA CONCELLOS SAUDABLES
INICIO DOS TRÁMITES PARA A CREACIÓN DUN NOVO CENTRO SANITARIO NO CARBALLIÑO

O CONCELLO ELABORA UN PLAN ESTRATÉXICO DE IMPULSO PARA O COMERCIO LOCAL

Posteado por concelloen Abril 28th, 2008

O concello de O Carballiño, xunto ca Deputación Provincial e a conselería de Industria, elaboraron un Plan estratéxico para a dinamización do comercio local no que se destacan os puntos negativos deste sector, así como os aspectos positivos do mesmo. O plan foi solicitado pola asociación de comerciantes da vila que entendían que as institucións tamén deberían por o seu grao de area para impulsar este sector, unha das pedras angulares da economía local.

Nese senso o alcalde carballiñés Carlos Montes lembrou que “na actualidade O Carballiño figura como o 8º concello de Galicia en renta pro habitante, e polo tanto debemos apoiar todas as accions necesarias para que esa renda quede na nosa vila, e non flua cara a outros concellos”. Montes sinalaba que o plan estratéxico debe ser unha ferramenta tanto para o concello como para os propios comerciantes, pero unha ferramenta práctica que permita mellorar as carencias e optimizar os logros. Por outra banda o alcalde lembraba que no ano 2009 O Carballiño contará cunha autopista gratuita que unirá a vila ca capital nun prazo de tempo de uns 12 minutos ” e esto pode ser una arma de dobre filo, xa que o mesmo pode traer clientes como levalos, por elo debemos facer todos un esforzo para afianzar o comercio local”.

Entre os requisitos que se piden para o concello nese plan estratéxico está o de crear infraestructuras que consigan traer o público a vila. Nese senso Montes sinalaba que “parte desas infraestructuras xa están executandose, como a mellora dos accesos a vila, o embelecemento dos noso ríos ou a nova ordenación do tráfico”.

Pola súa banda o presidente dos comerciantes Adolfo Nogueira aseguraba a a vista dos resultados do plan estratéxico 2temos un futuro compllicado, pero creo que si aunamos esforzos podemos sair a diante e sobre tdo ofrecer un bo producto o noso público”.

Entre as melloras que se barallan na asociación de comerciantes está a creación dun Centro Comercial Aberto na vila.



Escribe o teu comentario

Comenta o que pensas sobre a noticia.Podes usar un HTML básico

Comentarios publicados

Deixa o teu comentario