Información
Neste recadro aparecen os enlaces e respostas das categorÃas e os RSS de cada autor
A CONSELLEIRA DE SANIDADE PRESENTA NO CARBALLIÑO O NOVO PROGRAMA CONCELLOS SAUDABLES
A conselleira de Sanidade, María José Rubio, presentou esta semana a nova unidade de Concello Saudable constituída no Carballiño e os proxectos que se porán en marcha no marco desta iniciativa, cofinanciada pola consellería cun investimento de 50.000 euros, para fomentar os estilos de vida saudables dende as comunidades locais.
Esta iniciativa da Dirección Xeral de Saúde Pública forma parte , dunha banda, das estratexias da consellería para o fomento da participación cidada na planificación e xestión dos servcios sanitarios e doutra , das actuacións cara a promoción de estilos de vida saudables para facer fronte a vellos problemas de saúde recollidos no plan de saúde de Galicia.
Nos proxectos a implantar pola unidade Concello saudable de O Carballiño, este concello decidiu dar prioridade ao desenvolvemento daquelas iniciativas direcatmente dedicadas os nenos , es especialmente a aqueles con escasas posibilidades de complementar a súa educación formal na escola, ofrecendolles outras actividades informais e lúdicas , pero igualmente educativas , en valores e estilos de vida saudables.
Así , entre os obxetivos dalgúns dos proxectos a desenvolver no Carballiño están o impulso da práctica de actividade física, como complemento educativo esencial que permita retrasar ou evitar os hábitos de fumar, beber alcohol ou utilizar outras drogas. Paralelamente esta iniciativa permitirá mellorar a utilización de infraestructuras existentes que non conseguen o aproveitamento desexado, e crear unha oficina Saudable que reforce tanto á área de Deporte , as súas escolas deportivas e o programa estival Impulso, como as iniciativas da Unidade de Prevención de Drogodependencias, que tamén conta co financiamento da consellería de Sanidade.
As axudas económicas serán empregadas, principalmente , na contratación por parte do concello dun licenciado en educación física e deportiva, e dun técnico en dietética e nutrición, colaborando así na xeración de emprego local , promovendo deste xeito a creación de axentes clave para a dinamización da comunidade local, cara a práctica frecuente de exercicio físico e habitos alimentarios saudables e o compromiso dos concellos na observación da lei antitabaco , coa fin de protexer a saúde das persoas non fumadoras.
